Manitas crocantes (Casa dúas Xacobes) e Criollo mariño (Ou Ferro), gañadores do Santiago(é)Tapas

Manitas crocantes (Casa dúas Xacobes) e Criollo mariño (Ou Ferro), gañadores do Santiago(é)Tapas

A kinf of magic (Pub Atlántico) e Expreso Martini (A Carrilana) venceron no concurso de coctelería, Santiago(é)Cóctel

A duodécima edición do concurso de tapas Santiago(é)Tapas e a primeira edición do Santiago(é)Cóctel concluíron coa entrega dos seus premios tras quince días nos que se repartiron máis de 30.000 tapas e 2.000 cócteles. En canto a votos do público, contabilizáronse 20.000 válidos que deron como gañador á creción da Casa dos Xacobes, Manitas Crocantes, que representará a Santiago no concurso “De tapas por Galicia”, organizado por Turismo de Santiago, xa que foi a proposta que máis puntuación obtivo entre os votos do público e do xurado profesional.

Do total de 109 tapas presentadas, Manitas Crocantes foi a tapa gañadora na categoría de tapa tradicional mentres que na categoría de tapa creativa o primeiro premio foi para Criollo mariño, de O Ferro. O resto dos premios repartíronse entre as propostas da Viaxe, Lume, Artesana e Xuntanza. Os chefs do dez locais que participaron na final do concurso tamén recibiron como regalo o delanta oficial do XII Santiago(é)Tapas. Por último, os premios no concurso de coctelería foron, na categoría de cóctel clásico, para Expreso Martini da Carrilana e no de cóctel creativo, para A kind of magic, do Pub Atlántico, que se alzaron cos primeiros premios de entre os 25 combinados a concurso.

ACTUALIDADE
14-5-2021

Prego de condicións que rexerán a contratación dun servizo de " PROMOCIÓN E COMERCIALIZACIÓN DE PRODUTOS BASEADOS EN GOLF E REALIZACIÓN DUNHA VIAXE DE FAMILIARIZACIÓN- WORKSHOP CON OPERADORES PORTUGUESES", coa colaboración da Xunta de Galicia-Axencia de Turismo de Galicia

13-5-2021

Prego de condicións que rexerán a contratación dun servizo de "CREACIÓN E CONSOLIDACIÓN DE PRODUTO TURÍSTICO ORIENTADO A TURISMO FAMILIAR NO MARCO DO SELO GALICIA DESTINO FAMILIAR", coa colaboración da Xunta de Galicia-Axencia de Turismo de Galicia

10-5-2021

O Clúster Turismo de Galicia presenta unha ferramenta para o desenvolvemento de feiras e eventos virtuais, que estará dispoñible para todo o sector

9-5-2021

O presidente do Clúster Turismo de Galicia destaca que Fitur supón o inicio da recuperación da actividade turística