Luz Casal, o embaixador da República de Corea en España e os irmáns Vilas, elixidos os recoñecementos honoríficos dos Premios Galicia de Turismo 2019

ACTIVIDADES

Luz Casal, o embaixador da República de Corea en España e os irmáns Vilas, elixidos os recoñecementos honoríficos dos Premios Galicia de Turismo 2019

Recibirán os correspondentes galardóns como Embaixadora Nacional, Embaixador Internacional e Pioneiros

O Consello Executivo do Clúster Turismo de Galicia e a Xunta de Galicia decidiron outorgar o tres recoñecementos honoríficos dos Premios Galicia de Turismo na súa primeira edición a Luz Casal, que recollerá o galardón como Embaixadora Nacional 2019; Hong-jo Chun, embaixador da República de Corea en España, que recollerá o premio Embaixador Internacional ao seu país; e os hostaleiros Ramón e Francisco Vilas, recoñecidos como Pioneiros.

Segundo recolle o fallo, a cantante Luz Casal representa o sentimento de orgullo pola terra o que xunto á súa sólida e recoñecida traxectoria artística e a organización do Festival da Luz en Boimorto, faia merecedora deste galardón pola súa contribución de forma notable á difusión da marca Galicia por todo o país e á promoción dun turismo sustentable, responsable e respectuoso co medio ambiente e as persoas.

A pesar dos máis de 10.000 quilómetros que separan Seúl da capital galega, Galicia viu como ano a ano crecía o número de surcoreanos que facían o Camiño de Santiago, máis de 5 mil o ano pasado, facendo do noso territorio un destino turístico moi recoñecido e valorado na República de Corea. Como embaixador da República de Corea en España, Hong-jo Chun destaca pola súa contribución á difusión de Galicia como destino turístico.

Finalmente, os organizadores destes premios queren tamén recoñecer nesta primeira edición dos premios o traballo que a familia Vilas, e máis concretamente os irmáns Moncho e Paco Vilas, realizaron para consolidar a reputación dun restaurante, Casa Vilas, que se converteu nun referente de Galicia no mundo e durante máis dun século, acollendo entre os seus muros de Casa Vilas e Anexo Vilas aos personaxes máis destacados da sociedade española e internacional.

Figura de José María Mayer
Estes galardóns, unha representación da Ara Solis de Fisterra obra do artesán Jose Maria Mayer Segade, e realizados coa colaboración de Artesanía de Galicia, serán entregados xunto cos outros seis corresponsadientes ás categorías Escenario, Vangarda, Patrimonio, Promoción, Evento e Sustentabilidade, o próximo 3 de decembro nunha cerimonia que terá lugar no Teatro Rosalía de Castro da Coruña.