Os organizadores da WTM insisten en que a feira se celebrará este ano

Os organizadores da WTM insisten en que a feira se celebrará este ano

Os organizadores da World Travel Market de Londres, unha do tres feiras turísticas máis importantes do mundo, están convencidos en que o evento se celebrará en novembro tal e como estaba planificado, todo a pesar da pandemia do Covid-19.Segundo informa TravelMole, os responsables da feira están a traballar para modificar os termos do contrato de participación na mesma, xa que os actuais non garanten o reembolso do prezo abonado polo que desde a organización da WTM está a traballarse spara facer que acudir á feira sexa “o máis fácil posible” ofrecendo flexibilidade nos termos e condicións e nos prazos. Tamén están a axudar con servizos como a montaxe da caseta ou o catering.

“Entendemos completamente que as compañías están a facer fronte a tempos difíciles debido á actual crise e que buscan un contrato máis flexible nas súas condicións de reserva. Por iso, os nosos equipos de venda están en contacto cos nosos expositores, respondendo a calquera pregunta e compartindo todas as actualizacións importantes con respecto á WTM”, afirmou unha voceira consultada polo citado medio.

“Agora, máis que nunca, WTM London será moi importante para reiniciar a industria global de viaxes e turismo”, afirmou Simon Press, Senior Exhibition Director de WTM.

En 2019 o evento congregou a 5.000 expositores de 182 países e máis de 51.000 participantes e nel tiveron lugar máis dun millón de reunións. Os organizadores negáronse a desvelar a TravelMole se en 2020 reducirá a escala do evento para asegurar o distanciamento entre asistentes. Tampouco confirmaron se ofrecerán opcións flexibles de cancelación por parte dos expositores.

Outros eventos para ese mes, cancelados

O receo dalgúns expositores que temen perder o seu diñeiro se a feira finalmente cancélase, o anuncio dalgunhas casetas procedentes de Estados Unidos que anunciaron que non van acudir e o feito de que outros encontros programados para o mes de novembro como a entrega dos British Travel Awards que foron substituídos por formatos virtuais, fai que siga habendo dúbidas sobre a celebración desta edición aínda que os organizadores da World Travel Market de Londres seguen insistindo en que a gran feira de viaxes celebrarase o próximo mes de novembro con relativa normalidade a pesar da pandemia.

ACTUALIDADE
18-5-2021

Prego de condicións que rexerán a contratación dun servizo de "ORGANIZACIÓN DUNHA VIAXE DE FAMILIARIZACIÓN NACIONAL CON OPERADORES ESPECIALIZADOS NO SECTOR MICE", coa colaboración da Xunta de Galicia-Axencia de Turismo de Galicia

14-5-2021

Prego de condicións que rexerán a contratación dun servizo de " PROMOCIÓN E COMERCIALIZACIÓN DE PRODUTOS BASEADOS EN GOLF E REALIZACIÓN DUNHA VIAXE DE FAMILIARIZACIÓN- WORKSHOP CON OPERADORES PORTUGUESES", coa colaboración da Xunta de Galicia-Axencia de Turismo de Galicia

13-5-2021

Prego de condicións que rexerán a contratación dun servizo de "CREACIÓN E CONSOLIDACIÓN DE PRODUTO TURÍSTICO ORIENTADO A TURISMO FAMILIAR NO MARCO DO SELO GALICIA DESTINO FAMILIAR", coa colaboración da Xunta de Galicia-Axencia de Turismo de Galicia

10-5-2021

O Clúster Turismo de Galicia presenta unha ferramenta para o desenvolvemento de feiras e eventos virtuais, que estará dispoñible para todo o sector