Editada por Hosteltur, a guía recolle os principais conceptos que se asocian á Nova Economía do Turismo, propiciados polos avances tecnolóxicos experimentados nos últimos anos e por un mercado globalizadoque xerou certo caos no sector turístico máis clásico. A publicación recolle así aspectos como a importancia do factor humano nas organizacións, a evolución do turista convencional, a economía colaborativa ou a denominada sociedade low cost.
A rendibilidade no sector turístico e os fenómenos de turismofobia detectados nalgúns destinos turísticos españois tamén teñen cabida nesta publicación, desarollada a partir das conclusións do Foro Hosteltur dedicado á nova economía do turismo.