Galicia lanza a primeira ruta europea de turismo de mergullo

O mergullo e as actividades náuticas como elemento desestacionalizador e diversificador para Galicia. Baixo esta premisa Turismo de Galicia avanzou os primeiros pasos para que o noso territorio adhírase ao proxecto europeo ‘Wildsea Europe’ no que a Comunidade galega participa xunto a Reino Unido, Irlanda e Portugal co obxectivo de crear a primeira ruta europea de turismo de mergullo sustentable.
Trataríase dun itinerario europeo que permitirá conectar lugares de mergullo “de primeiro nivel” establecendo sinerxías cos deportes náuticos, a enogastronomía, o turismo mariñeiro e a arqueoloxía marítima. O proxecto permitirá, segundo explica a Xunta, combinalo con actividades náuticas que incluirán percorridos en kaiak polas rías galegas, avistamento de cetáceos ou mesmo actividades para descubrir patrimonio marítimo formado por galeóns, mercantes ou pesqueiros mergullados nas profundidades.
“É unha perfecta oportunidade na que Galicia ofrecerá a súa personalidade e singularidade como destino e tamén a experiencia na posta en marcha de produtos vinculados ao mar, que poderán enriquecer este novo itinerario internacional”, destacou a directora de Turismo de Galicia, Nava Castro durante a presentación da iniciativa, no marco da que se comezaron a celebrar mesas de traballo coa participación de representantes do sector.
O proxecto Wildsea Atlantic Ocean Heritage Route (WAOH! Route) conta co apoio financeiro da Unión Europea, que achega os 375.000 euros do investimento para a súa posta en marcha e nace “para fortalecer a Europa como un destino sustentable de alta calidade que é capaz de crear unha identidade compartida baseada nos hábitats mariños e no amplo patrimonio subacuático do Atlántico”.

ACTUALIDADE
15-6-2021

Prego de condicións que rexerán a contratación dun servizo de "MELLORA DOS MECANISMOS DE COMERCIALIZACIÓN, ACTUACIÓNS DE PROMOCIÓN ONLINE E PROMOCIÓN NA CANLE DE VENDA PRESENCIAL PARA GALICIA TURISMO ACTIVO", coa colaboración da Xunta de Galicia-Axencia de Turismo de Galicia

14-6-2021

Prego de condicións que rexerán a contratación dun servizo de "CREACIÓN E CONSOLIDACIÓN DE PRODUTO TURÍSTICO VINCULADO AO CAMIÑO DE SANTIAGO DENOMINADO UN DESCANSO NOS CAMIÑOS", coa colaboración da Xunta de Galicia-Axencia de Turismo de Galicia

27-5-2021

Elixe Galicia permite ás persoas desta Comunidade facer viaxes internas cunha bonificación do 40 por cento

24-5-2021

Unhas 60 empresas xa se adheriron ás ofertas do carné xove europeo a través do Clúster de Turismo de Galicia