ExpoCoruña acolle dúas citas en abril vinculadas coa música. A primeira, o xoves 14 de abril, con motiov do V aniversario do Soho Café os incondicionais das orquestras e verbenas galegas teñen unha cita co afamadas Panorama e Paris de Noia, consideradas as dúas mellores orquestras de Galicia e que estrean os seus novos espectáculos nun evento único no que tamén terá lugar o gran show da orquestra Anaconda, de Santander.
E seguindo co música pero co compoñente a maiores da solidariedade, o 15 de abril, o recinto feiral coruñés acolle Soños de Folk, a primeira edición de folk solidario galego para crear un vínculo imprescindible nun calendario de festivais e na que se darán cita as Bandas de Gaitas, Grupos de Baile, Cantareiras, Coro de Voces Mixtas e o famoso acordeonista Andrés Penabad.. Lembra que para este evento a túa entrada debe de ir acompañada de 1 kg de produtos non perecedoiros, que serán destinados ao banco de alimentos Rías Altas.
Máis información en: http://www.expocoruna.com/eventos-abril.html