Entidades e colectivos turísticos da provincia da Coruña xa poden optar a 1,6 millóns de euros en axudas

Entidades e colectivos turísticos da provincia da Coruña xa poden optar a 1,6 millóns de euros en axudas

A convocatoria anual que acaba de abrir a Deputación está destinada á mellora da calidade e da competitividade e á creación de novos produtos turísticos.

 

Entes de xestión, asociacións, mancomunidades e consorcios turísticos con domicilio fiscal na provincia da Coruña son os destinatarios da convocatoria anual de subvencións para este 2022 que acaba de lanzar a Deputación da Coruña co obxectivo de mellorar a calidade, a competitividade e as actividades turísticas, e incentivar a creación de novos produtos no territorio provincial. O organismo destina este ano a esta partida un total de 1.610.000 euros e os beneficiarios poderán ata 150.000 euros de subvención.

 

As bases publicadas en días pasados no Boletín Oficial da Provincia recollen que se poderán subvencionar actuacións que permitan mellorar a calidade da prestación de servizos turísticos, valorando especialmente os plans de formación. Tamén poderán recibir axudas os promotores de celebracións e eventos turísticos (cun orzamento mínimo de 20.000 euros) que sexan capaces de atraer visitantes de fóra da área de influencia da entidade solicitante, e aqueles que deseñen propostas dinamizadores do territorio con vocación permanencia e capacidade para xerar ingresos directos e indirectos no sector.

 

A convocatoria destas axudas do ano pasado permitiu a 16 entidades repartirse algo máis de 1.260.000 euros. Entre os beneficiarios figuraron desde asociacións de municipios en torno ao Camiño Inglés, o Camiño da Ría de Muros-Noia e a Asociación de Desenvolvemento da Ría de Muros-Noia, ademais das mancomunidades como as de Ferrol, Ordes e a Ría de Arousa-Zona Norte; as asociacións empresariais Camiño de Santiago a Fisterra Muxía- Solpor, de Promoción Turística de Camariñas e de de Desenvolvemento do Turismo de Calidade da Comarca de Ortegal, e outras entidades como Costa da Morte Asociación Turística  C. M.A. T, Asociación sociocultural Auga e Sal, Asociación de Desenvolvemento Rural Mariñas-Betanzos e o Grupo de Desenvolvemento Rural Ulla-Tambre-Mandeo, ademais sos entes de xestión turística das tres cidades da provincia: Consorcio de Turismo e Congresos da Coruña, Incolsa de Santiago e a Sociedade Mixta de Turismo de Ferrol.