O Congreso Internacional sobre auga e Saúde organizado por Termatalia 2020 supera xa os 300 inscritos

O Congreso Internacional sobre auga e Saúde organizado por Termatalia 2020 supera xa os 300 inscritos

O evento, que se celebra os días 16 e 17, poderase seguir de forma presencial ou online e conta coa participación de 50 relatores de 9 países

Expourense prepárase para acoller o 1º Congreso Internacional sobre Auga e Saúde organizado por Termatalia 2020 Feira Internacional de Turismo de Saúde, Termal e Benestar. Celebrarase os días 16 e 17 de setembro e poderá seguirse de forma presencial acudindo ás instalacións de Expourense, situado na capital termal de Ourense, ou seguirse en liña a través dunha plataforma virtual. Serán dúas xornadas que teñen o obxectivo de reunir de novo á comunidade termal e de seguir situando a Termatalia como un dos máis importantes foros internacionais de coñecemento e formación especializada no campo do turismo de saúde e o termalismo.

O programa deste 1º Congreso sobre Auga e Saúde conta coa participación de 50 recoñecidos profesionais internacionais procedentes de 9 países (Arxentina, Brasil, España, Estados Unidos, Italia, Portugal, Tailandia, Tunes e Uruguai) e que participarán tamén de forma mixta. Este panel de expertos converte a este congreso nun evento multidisciplinar que aborde o futuro do sector desde a conxuntura actual marcada pola pandemia provocada pola COVID-19. A calidade e innovación do programa deste congreso queda patente polo feito de que, até o momento, recibíronse xa máis de 300 inscricións de profesionais do sector procedentes dunha vintena de países de 4 continentes e entre os que destacan, xunto a España, os asistentes de Portugal e Arxentina.

Programa

O programa científico deste congreso tratará o turismo de saúde desde unha perspectiva multidisciplinar actual. Contará, entre outros, coa participación dos presidentes e directivos das asociacións nacionais de Balnearios de España (ANBAL), Termas de Portugal, da Asociación Europea de Cidades con Patrimonio Histórico Termal (E.H.T.T.A.), ou da Federación Internacional de Hidroterapia e Climatoterapia (FEMTEC), ou doutras entidades como a Consellería de Turismo da Xunta de Galicia, a Sociedade Española de Hidrología Médica ou do presidente da Entidade de Turismo Porto e Norte de Portugal.

Hidrología médida, COVID19 e turismo, entre as temáticas

A situación vivida polo sector en relación á pandemia centrará unha das sesións do congreso, con mesas de debate centradas na reactivación do sector, en como afrontar o futuro cunha menor incerteza e como reducir o impacto económico. Relacionado coa pandemia estará tamén panel sobre “Protocolos de seguridade e prevención en balnearios e centros termais” que estará moderado polo Dr. Juan Gestal. Director da Cátedra de Hidrología Médica da Universidade de Santiago de Compostela. Neste panel, o Instituto de Calidade Turística Española (ICTE), Fernando Frade, quen presentará as medidas para a redución do contaxio polo SARS – CoV-2 en Balnearios. Tamén será presentado o selo ?Clean & Safe? creado por Termas de Portugal; o protocolo de actuación ante o COVID do Grupo Caldaria e de Termas de Chaves e tamén se analizará a situación na Atención Primaria.

Este Congreso incluirá unha sesión dedicada á hidrología médica e outra dedicada á presentación de produtos turísticos innovadores na Península Ibérica que concluirá coa celebración dun showcooking organizado polo proxecto “Un descanso nos camiños” que ten o obxectivo de promocionar a Galicia como destino saudable.

Como todo congreso científico, este tamén contará cun espazo dedicado á presentación das últimas investigacións realizadas nos sectores da auga e o termalismo. Esta sesión estará coordinada pola presidenta da Sociedade Galega de Talasoterapia, Lourdes Mourelle, e acollerá a presentación de 10 traballadores de investigadores procedentes de 5 países.

Inscricións

A participación neste Congreso será de forma gratuíta mediante invitación de Termatalia ou das entidades colaboradoras coa feira. O formulario de inscrición e o programa de conferencias pode consultarse na web do congreso www.congreso.termatalia.com