O Clúster Turismo de Galicia e a Deputación de Pontevedra organizan a xornada “rIAs baixas: O camiño dos algoritmos”

O Clúster Turismo de Galicia e a Deputación de Pontevedra organizan a xornada “rIAs baixas: O camiño dos algoritmos”

  • O foro de debate terá lugar o xoves, 23 de novembro, de 09:30 a 14:00h no Salón de Plenos do Pazo Provincial da Deputación de Pontevedra
  • As inscricións, gratuítas ata completar capacidade, xa están abertas.

 

O Clúster de Turismo de Galicia, coa colaboración da Deputación de Pontevedra e a Axencia Turismo de Galicia, organiza un foro de debate baixo o título “rIAs baixas: O camiño dos algoritmos”.

 

Nun mundo que avanza a un ritmo vertixinoso en materia tecnolóxica, a Intelixencia Artificial, a robótica e as innovacións dixitais convértense en factores fundamentais na reconfiguración de sectores económicos e sociais, entre eles, o turístico. Para esta xornada contaremos con expertos de gran renome, para desentrañar, debater e compartir as últimas tendencias que marcarán o futuro deste sector.

 

A cita terá lugar o vindeiro xoves, 23 de novembro, de 09:30 a 14:00 horas no Salón de Plenos do Pazo Provincial da Deputación de Pontevedra (Avda. Montero Ríos s/n, 36071, Pontevedra). As inscricións permanecen abertas, de xeito gratuíto, ata completar capacidade, a través da páxina web do CTG.

 

Programa completo

 

09:30 Benvida e apertura institucional

 

10:00 O despertar da IA Xenerativa. Charla con enfoque práctico onde se explicarán os últimos avances en IA e como se empregan os robots na industria turística.

Javier Sirvent. Technology Evangelist

 

11:30 Coffee break

 

12:00 Capacitación e emprego no sector turístico. Nesta mesa redonda contarase con tres expertos no sector educativo, onde se debaterán as tendencias no sector e como é fundamental a formación, o re-skilling e a IA van condicionar as novas profesións na industria turística.

Elena Ibáñez. Singularity Experts

Virginia Seguí Monleon. HR Tech Manager

Thais Glod. InnoBound

 

13:00 Datos, IA e ciberseguridade aplicada ao turismo. Un debate sobre a converxencia da tecnoloxía avanzada e sector turístico. Examinaranse as implicacións da intelixencia artificial e a análise de datos na personalización da experiencia turística, así como os retos inherentes á ciberseguridade. Esta mesa ofrece unha perspectiva estratéxica esencial para profesionais que buscan navegar a paisaxe dixital actual do turismo.

Lázaro Royo. Zeus

Javier Martín. Renaiss.AI

Juan Antonio Gómez Bule. AREXDATA

 

14:00 Peche institucional