O Cluster Turismo de Galicia asina un convenio coa Federación de Empresarios do Barbanza

ACTIVIDADES

O Cluster Turismo de Galicia asina un convenio coa Federación de Empresarios do Barbanza

Os presidentes de ambas as entidades asinaron un acordo marco de colaboración para colaborar en accións conxuntas no marco turístico

O Clúster Turismo de Galicia (CTG) e a Federación de Empresarios do Barbanza (FEB) asinaron un convenio marco de colaboración que permita a ambas as entidades prestarse asistencia mutua en accións de interese común, especialmente no sector turístico. Así o asinaron o presidente do CTG, Francisco González, e o do FEB, José Ramón Romeu, que manifestaron o seu interese en establecer unha vía de colaboración directa que permita levar a cabo acciones de difusión de xornadas, actividades e accións de interlocución cos seus respectivos asociados en aspectos de interese común.
O convenio, sen dotación económica e de duración indefinida, permitirá estreitar a colaboración con esta entidade. De feito ambas as entidades xa colaboraron este ano para a posta en marcha de accións formativas para a mellora da profesionalización dos empresarios do Barbanza a través das xornadas e seminarios formativos ofrecidos pola Escola de Negocios Afundación.