O Clúster renova o seu servizo gratuíto de consultoría para a certificación en calidade e sostibilidade turística

O Clúster renova o seu servizo gratuíto de consultoría para a certificación en calidade e sostibilidade turística

 

O Clúster Turismo de Galicia volve poñer ao dispor do sector o seu servizo gratuíto de consultoría para a obtención e/ou mantemento da Q de Calidade e a S de Sustentabilidade Turística, unha iniciativa dirixida a facilitar os procesos de certificación ás empresas do sector interesadas en reforzar o seu compromiso coa excelencia e a sostibilidade.

 

Este servizo, enmarcado nos convenios de colaboración con Axencia Turismo de Galicia – Xunta de Galicia, está pensado para acompañar tecnicamente aos establecementos turísticos na implementación dos requisitos necesarios para obter e/ou manter estas certificacións recoñecidas a nivel nacional e internacional.

 

Que ofrecen estas certificacións?

 

  • A Q de Calidade Turística garante estándares esixentes na xestión, servizos e instalacións das organizacións turísticas.
  • A S de Sustentabilidade recoñece a implantación de boas prácticas aliñadas cos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS), premiando a aquelas empresas que avanzan cara a un modelo máis respectuoso e responsable coa contorna.

 

O servizo de consultoría abarca desde a asistencia técnica ata o acompañamento en auditorías externas e a posta en valor dos certificados obtidos. No caso da certificación en sostibilidade, tamén se presta apoio para o cumprimento das especificacións técnicas e normativas correspondentes, como a UNE-ISO 21401:2019.

 

As entidades interesadas en acceder a este servizo poden enviar un correo manifestando o seu interese á dirección secretariatecnica@clusterturismogalicia.com ou chamar ao 881 24 74 36. Coa renovación deste servizo, o Clúster reafirma o seu compromiso co fortalecemento dun turismo galego máis competitivo, sostible e orientado á mellora continua.