O club de produto ‘Galicia Destino Sostible facturou en 2023 máis de un millón de dólares, grazas a unha campaña centrada no mercado estadounidense

O club de produto ‘Galicia Destino Sostible facturou en 2023 máis de un millón de dólares, grazas a unha campaña centrada no mercado estadounidense

  • A iniciativa, froito da colaboración entre o Clúster de Turismo, a Xunta e Expedia, foi unha de nas medidas do Plan de Acción do Club para potenciar a marca.
  • Representantes das empresas adheridas á “Galicia Destino Sostible” participaron este mércores, 15 de maio, no Museo Mega Estrella Galicia, nun evento no que se abordaron os retos do turismo sostible.

O Clúster Turismo de Galicia reuniu este mércores, 15 de maio, aos integrantes do Club de Produto Galicia Destino Sostible nun evento no que se fixo repaso do traballo realizado ata agora e no que se abordaron os retos de futuro. Entre os fitos acadados en case dous anos de traxectoria, destacáronse os resultados da campaña de promoción do Club dirixida ao mercado estadounidense en 2023,  en colaboración con Turespaña, a Xunta de Galicia e Expedia, e que se pechou cunha facturación de máis de un millón de euros.

 

Na apertura do encontro interviñeron o presidente do Clúster Turismo de Galicia, Cesáreo Pardal, e a directora de Galicia Calidade, Ana Méndez. Pardal quixo agradecer ás 90 empresas adheridas a Galicia Destino Sostible “a súa implicación coa iniciativa, que ofrece xa máis de 150 produtos, e a súa aposta pola sostibilidade, un investimento de futuro para as vosas empresas, para o sector e para o noso territorio”. O máximo responsable do Clúster sinalou que “temos a aspiración de converter o Club na plataforma que integre toda a oferta turística sostible da Comunidade e estamos avanzando a bo ritmo nese obxectivo”. Pola súa banda Ana Méndez afirmou que “Galicia Calidade, en liña coas empresas do club, apoia as iniciativas sostibles que impulsan un dos sectores chave da nosa economía”.

 

A xornada, que se celebrou no Museo Mega Estrella Galicia (A Coruña), puxo o foco no turismo sostible e na responsabilidade social cun relatorio de Sergio Gil, presidente da Fundación Restaurantes Sostenible e cunha  mesa redonda moderada por Mayte Redondo (fundadora da revista Travel 2 Care People and Planet) centrada no impulso á sostibilidade social, e na que participaron o propio Sergio Gil; Mar Rodríguez, vocal do Clúster e directora da axencia de viaxes Tee Travel; Pepe Formoso, director do hotel Bela Fisterra e do albergue Bela Muxía, e presidente da Asociación Profesional do Turismo da Costa da Morte (APTCM); e Lolo Mosteiro; copropietario e xefe de cociña do restaurante A Artesa da Moza Crecha.

 

O encontro abordou  tamén as actividades realizadas no marco do Plan de Acción do Club, como a campaña dirixida ao mercado estadounidense; as viaxes de familiarización e prescrición con medios nacionais e internacionais; ou as actividades de formación e apoio á certificación da S de Sostibilidad. Ademais, avanzáronse as actuacións previstas para este ano, como a participación en diferentes feiras e workshops; a posta en marcha dunha nova campaña de cooperación con Turespaña, ou as actividades de formación e asesoramento na certificación.

 

O evento finalizou coa entrega dun kit de comunicación ás empresas adheridas e unha visita libre ao Museo Estrella Galicia con masterclass de tiraxe ao final do percorrido.