O Clúster Turismo de Galicia mantivo esta mañá un encontro co secretario xeral do PSdG , Gonzalo Caballero, que estivo acompañada por Xoaquín Fernández Leiceaga, presidente do PSdeG e senador; Pablo Arangüena, vicesecretario xeral do PddG e Adolfo Pérez Abellás, deputado e portavoz da Comisión de Industria, Comercio e Turismo do Congreso dos Deputados.
Todos eles puideron coñecer de primeira man as difíciles circunstancias polas que atravesa o sector turístico galego da man dunha representación do CTG, encabezada polo seu presidente, Cesáreo Pardal, que destacou o peso específico do sector na economía galega e o seu papel fundamental na saída da anterior crise.
É por iso que Pardal chamou a atención da necesidade de que as diferentes administracións públicas, e especialmente o Goberno de España, sexan sensibles co sector, que necesita máis fondos para garantir a súa viabilidade e futuro. Tanto Pardal como os outros representantes do sector – César Sánchez-Ballesteros, secretario do CTG; Jesús Picallo, Sara Santos, Diego Otero e Juan Antonio Rivadulla, vogais do Clúster – destacaron a complexa situación do sector e a incerteza na aplicación das novas medidas hixiénico-sanitarias, ademais de pór sobre a mesa a especial situación que viven as axencias de viaxes no que se refire aos bonos con validez dun ano, así como da flexibilización dos ERTES, pondo ademais sobre a mesa a posiblidad de que se aproveite esta circunstancia excepcional para mellorar o funcionamento dos aeroportos galegos.
Achega de máis fondos
Pola súa banda, Gonzalo Caballero mostrou o seu interese en servir de ligazón co Goberno para trasladarlle as preocupacións e cuestións expostas polo sector. O secretario xeral do PSOE galego fixo fincapé, ademais, en que considera que o plan de reactivación para o sector turístico posto en marcha pola Xunta conta cunha dotación orzamentaria escasa e, é importante, ter en conta a falta de fondos.
Tamén hai que ter en conta que vai haber orzamento europeo e haberá que ver como restructurar os orzamentos, e reorientar partidas que non se puideron levar a cabo ante a situación actual. Finalmente Caballero destacou que é consciente da importante de flexibilizar os ERTES xa que son medidas moi custosas para o sector turístico galego.