A Axencia de Turismo de Galicia publicou unha liña de axudas, dotada cun total de 300.000 euros, para a contratación de persoal nas oficinas de turismo dos concellos declarados municipios turísticos e dos xeodestinos galegos, que deberán estar representados por agrupacións de concellos ou por mancomunidades e consorcios locais de Galicia que teñan atribuídas competencias en materia de turismo.
O persoal contratado ao amparo destas subvencións realizarán as súas tarefas durante os meses de xuño, xullo, agosto e setembro. Estas axudas tramitaranse en réxime de concorrencia non competitiva, por rigorosa orde de entrada no rexistro electrónico da Xunta de Galicia. O prazo de presentación está aberto ata o 22 de febreiro nas condicións que se especifican no DOG. O ano pasado, a través desta convocatoria de axudas, colaborouse con preto de medio centenar de entidades locais.
A Axencia de Turismo de Galicia publicou unha liña de axudas, dotada cun total de 300.000 euros, para a contratación de persoal nas oficinas de turismo […]
A Consellería de Cultura e Turismo, a través da Axencia Turismo de Galicia, vén de abrir a convocatoria de subvencións para 2019 destinada a axudar ás […]
A Consellería de Cultura e Turismo publica hoxe no Diario Oficial de Galicia a convocatoria de subvencións a proxectos novos de dinamización do Xacobeo 2021 dentro do programa […]
O luns 1 de otubre a Cidade da Cultura de Galicia acollerá a celebración da Asemblea Xeral Extraordinaria do Clúster de Turismo de Galicia (CTG) no […]