Os establecementos turísticos galegos terán acceso gratuíto a asesoramento e consultoría ‘on line’

 

O presidente do Clúster de Turismo de Galicia, Cesáreo Pardal, dixo hoxe que “estamos nun momento no que non abonda con ter un dos mellores e máis seguros destinos” pero é necesario “traballar xuntos en obxectivos comúns e compartidos e promover máis aínda a colaboración público-privada ”.

Cesáreo Pardal fixo estas declaracións durante a presentación do programa “Turismo 100×100”, promovido polo Clúster e a Vicepresidencia da Xunta e a Consellería de Turismo, a través do cal os establecementos da Comunidade poderán acceder a un sistema de consultoría e asesoramento en liña. .

A presentación tivo lugar no Albergue Ideas Peregrinas de Tui, e contou coa presenza do vicepresidente da Xunta e conselleiro de Turismo, Alfonso Rueda, e da directora da Axencia de Turismo de Galicia, Nava Castro.

Alfonso Rueda destacou na súa intervención que o sector “está a saber facer cousas” en Galicia e animou “a afondar na idea de que Galicia é un destino seguro, cun turismo moi en contacto coa natureza e pouco masificado”.

O vicepresidente da Xunta, que resaltou a importancia de poñer a disposición dos establecementos servizos compartidos como asesoramento e consultoría, reiterou que a Xunta está “á disposición do sector”, porque “imos gastalo xuntos”.

Os establecementos adheridos ao programa “Turismo 100×100” recibirán asesoramento individualizado en aspectos como mercadotecnia, finanzas, planificación estratéxica ou lexislación, de equipos multidisciplinares de expertos. Unha vez que se envía a consulta, o Clúster asigna aos asesores máis adecuados para cada caso e ponos a disposición do establecemento para o desenvolvemento dun máximo de cinco reunións ‘en liña’ de dúas horas de duración cada unha.

13 de Outubro de 2020

A Xunta de Galicia e o Clúster de Turismo de Galicia presentan o programa “Turismo 100×100”

Os establecementos turísticos galegos terán acceso gratuíto a asesoramento e consultoría ‘on line’   O presidente do Clúster de Turismo de Galicia, Cesáreo Pardal, dixo hoxe […]
12 de Febreiro de 2015

TVG Telexornal Mediodía 27.11.2014

Descargar
12 de Febreiro de 2015

RADIO GALEGA. Galicia por diante. Entrevista con Francisco González

Descargar
12 de Febreiro de 2015

ONDA CERO. Coruña en la Onda. Entrevista con Francisco González

Descargar