Segundo os últimos datos publicados polo Instituto Nacional de Estatística, nestes dous primeiros meses do ano Galicia experimentou un repunte na demanda turística regulada cun incremento do 12,9% no número de viajerso aloxados e nun 12,2% no que se refire a pasas a noite neste mes de febreiro. No caso dos chamados aloxamentos extrahoteleros, que agrupa aos apartamentos turísticos, cámpings, albergues e aloxamentos de turismo rural, chama a atención o moderado descenso dos viaxeiros que elixen os aloxamentos de turismo rural fronte ao incremento importante dos que optan polos apartamentos turísticos e os cámpings, unha subida que permitiu que no conxunto deste segmento de aloxamentos subise no seu conxunto.
Así, neste segmento a subida foi especialmente significativa nos apartamentos turísticos e cámpings, cun 60,1% e 45,7% respectivamente máis de demada respecto ao mesmo período do ano pasado, mentres que no caso dos viaxeiros que optaron polos aloxamentos de turismo rural, o número descendeu un 4,8% aínda que o número de pernoctaciones mantivéronse practicamente estables ? 8.412 en 2015 e 8.406 en 2016). En contraposición, os viaxeiros aloxados nos albergues galegos creceron un 94 por cento entre febreiro de 2015 e o segundo mes de 2016, até as 155 persoas.
No conxunto deste segmento, as pernoctaciones en apartamentos, cámpings, aloxamentos de turismo rural e albergues superaron as 12.000 en febreiro, un 20% máis que no mesmo mes de 2015 aínda que a estancia media segue sendo a materia pendente, con entre 2,36 dos apartamentos turísticos e 1,48 dos aloxamentos de turismo rural fronte ao seis noites de media nacional. No que se refire ao número de viaxeiros, o incremento durante este período neste tipo de aloxamentos foi dun 20% e dun 19% nas pernoctaciones rexistradas no mes de febreiro respecto ao mesmo período do ano pasado.
Durante os dous primeiros meses de 2016 os viaxeiros aumentaron en Galicia un 11,9% até alcanzar as 340.796 persoas, do mesmo xeito que as pasas a noite, que se incrementaron un 11,3% até superar as 619.000, o que supón un incremento de algo máis dun punto por encima da media nacional, que se situou nun 10%.