Aprazada a BTT Ruta do Viño Rías Baixas

Aprazada a BTT Ruta do Viño Rías Baixas

Como consecuencia dos incedios que afectaron á subzona do Condado do Tea, onde se vai a celebrar a cita deportiva, a Ruta do Viño Rías Baixas decidiu aprazar a convocatoria para a segunda edición da BTT que se ía a celebrar este domingo 22 de outubro en Arbo, xa que a situación actual na zona deseconseja celebrar un encontro deportivo nas condicións nas que se atopa actualmente a contorna.
“Desde a Ruta do Viño Rías Baixas trasladamos toda a nosa solidariedade e apoio a todos os afectados por esta devastadora vaga de incendios. Esperamos que en breve volva todo á normalidade e que podamos seguir gozando da extraordinaria riqueza paisaxística e enogastronómica de Galicia”, afirma o presidente, Juan Gil de Araujo.
“Os brutais lumes que arrasaron nos últimos días os municipios de Condado do Tea deixaron esta subzona nunha situación moi delicada. Por iso, desde a nosa asociación sen ánimo de lucro, e en consenso cos diferentes colaboradores do II BTT Ruta do Viño Rías Baixas, decidiuse cancelar esta cita e pospola como apoio e solidariedade con todo o territorio afectado por esta catástrofe”, explican desde a organización.
Desde a asociación sen ánimo de lucro estívose traballando para fixar unha nova data para a celebración deste evento. A carreira terá lugar o vindeiro domingo 26 de novembro.
O II BTT Ruta do Viño Rías Baixas contaba xa con máis dun centenar de inscritos, aos que se lles reservará o seu dorsal para a próxima cita. “No caso de que na nova data da carreira non poidan asistir, devolveráselles o importe abonado pola súa correspondente inscrición”, aseguran desde a organización, que lamenta profundamente os posibles inconvenientes causados.