O Clúster de Turismo leva a oferta MICE galega á feira internacional IMEX Frankfurt 2024

Clúster Turismo lleva el MICE gallego al IMEX Frankfurt 2024

O Clúster de Turismo leva a oferta MICE galega á feira internacional IMEX Frankfurt 2024

  • O evento tivo lugar do 14 ao 16 de maio en Frankfurt, Alemaña.
  • Esta edición do IMEX centrouse no impacto da actividade turística.

O Clúster Turismo de Galicia participou a semana pasada no IMEX 2024. O evento, que se celebrou do 14 ao 16 de maio en Frankfurt, contou coa participación de Galicia MICE, da man de Diego Otero, vogal do consello executivo do Clúster, que se reuniu con distintos operadores aos que lles presentou a oferta MICE da Comunidade.

 

O IMEX é unha cita de referencia mundial na que este ano participaron máis de 4.000 compradores e 2.900 expositores. Ademais de Galicia MICE na caseta de Turespaña, estivo presente o Consorcio de Turismo e Congresos da Coruña, que destacou as súas fortalezas como receptora de turismo de negocios.

 

Esta edición do IMEX centrouse no impacto da actividade turística, coa misión de inculcar á comunidade MICE a responsabilidade de ser parte da solución aos grandes problemas que desafían ao noso planeta.

 

O MICE, é un dos segmentos turísticos que máis contribúe a paliar a estacionalidade da actividade turística nos destinos, xera valor e crecemento e mantén a calidade e estabilidade no emprego. Segundo as cifras do INE, o turista internacional de congresos tivo en 2023 un gasto medio de 298 euros por día, fronte aos 184 euros do turista de lecer. O turismo de reunións, incentivos, congresos e exposicións contribúe a fomentar un turismo de alto valor engadido, fundamental para diversificar a oferta turística máis aló dos destinos habituais.