Balnearios de Galicia aposta por unha ferramenta dixital para estandarizar a atención a todos os pacientes destes establecementos

ACTIVIDADES

Balnearios de Galicia aposta por unha ferramenta dixital para estandarizar a atención a todos os pacientes destes establecementos

Co obxectivo de contar cunha ferramenta dixital que permita aos facultativos de saúde termal unha xestión estandarizada da historia clínica dos pacientes, Balnearios de Galicia está a implantar o sofware denominado Termagal, unha ferramenta informática innovadora creada para estandarizar os procesos de asistencia médica dos balnearios de Galicia.
Impulsada en colaboración coa Axencia de Turismo de Galicia, a iniciativa responde o interese do sector termal galego por revalorizar os servizos de saúde que ofrece, a partir da monitorización dos casos atendidos e dos resultados obtidos nos diferentes centros termais. Termagal facilita así aos facultativos todo o proceso de asistencia médica e posibilitar, ademais, o tratamento e intercambio de datos nunha linguaxe estandarizada
A través dunha pantalla táctil intuitiva e de moi fácil manexo, baseada na representación gráfica da información sobre as diferentes partes do corpo, o sofware posibilita recoller información dos pacientes e controlar a evolución das diferentes variables de maneira común en todos os balnearios, sen apenas necesidade de escribir e usando unha linguaxe estandarizado, de maneira que se enriquece o coñecemento dos diferentes problemas médicos que se consultan nos centros termais. Deste xeito, obtéñense estatísticas de grande utilidade para realizar estudos científicos que repercutirán na capacidade de avaliar os beneficios dos tratamentos con augas mineiro-medicinais e potenciar a captación de usuarios de diversos sistemas de saúde e países con cobertura deste tipo de tratamentos.

A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, tivo oportunidade de coñecer o funcionamento da aplicación nunha xornada de presentación da ferramenta. Castro sinalou que esta ferramenta supón un “empuxe fundamental para continuar consolidando Galicia como destino termal de referencia”, á vez que destacaba a gran potencialidade de Galicia no desenvolvemento do termalismo.