Más de 1.400 profesionais do sector utilizaron o espazo de negocios do Clúster en FITUR 2026

Más de 1.400 profesionais do sector utilizaron o espazo de negocios do Clúster en FITUR 2026

  • A zona de networking acolleu preto de 500 reunións de traballo ao longo das tres xornadas da feira
  • Axencias de viaxe, hoteis e subsector enolóxico concentraron o maior número de citas

O espazo de negocios do Clúster Turismo de Galicia en Fitur acolleu preto de 500 reunións nas que participaron ao redor de 1.400 profesionais. Este espazo, habilitado pola Xunta e a Axencia de Turismo no stand de Galicia e xestionado polo Clúster, ampliou de novo o número de mesas dispoñibles para dar resposta á intensa actividade que desenvolve o sector turístico galego nesta feira.

 

Nesta edición destacou o aumento de actividade das axencias de viaxe de receptivo, tanto grandes como pequenas, e unha maior presenza de axencias relacionadas co Camiño de Santiago, que pasaron do centenar de citas. Outros dos subsectores turísticos con máis actividade foron o hostaleiro e o enolóxico, que gañou peso nesta edición.

 

Tamén foi intensa a actividade de concellos, deputacións e mancomunidades. Polo espazo de negocios do Clúster pasaron profesionais dos concellos da Coruña, Santiago, Ferrol, Padrón, Sanxenxo, Catoira, Poio, Ribadumia, A Cañiza, Baiona, A Guarda e Ribadeo. Destaca, tamén, a actividade das diferentes deputacións e mancomunidades como a da Mariña e Costa da Morte, e entidadades como o Consorcio Ribeira Sacra, Expourense, Semana Verde e Asociación Fisterra-Muxía.

 

  • Representantes de México, Portugal, Colombia, China e Bulgaria interesáronse polo Destino Galicia

 

No ámbito internacional, o espazo de negocios recibiu a visita de representantes de países como México, Portugal, Colombia, China e Bulgaria, interesados en coñecer e establecer contactos vinculados ao destino Galicia.

 

O visitante que se interesa polo destino Galicia busca cada vez máis vivir experiencias diferenciadas, apostando por un turismo especializado, con grupos máis reducidos e un trato próximo e personalizado, en consonancia cun modelo turístico máis sostible.

 

A actividade destes días constata que o sector turístico galego conta cunha clientela fidelizada e mostra unha estabilidade consolidada, resultado do traballo continuado realizado nos últimos anos.