O Clúster de Turismo pon a disposición do sector turístico galego 50 invitacións para a BTL de Lisboa

O Clúster de Turismo pon a disposición do sector turístico galego 50 invitacións para a BTL de Lisboa

  • A feira turística da capital portuguesa celebrarase do 28 de febreiro ao 3 de marzo, coas tres primeiras xornadas reservadas exclusivamente a profesionais.
  • A partir das 17:00 horas do 1 de marzo a feira abre ao público xeral.

 

A 34ª edición da Bolsa de Turismo de Lisboa, a maior feira de turismo de Portugal, celebrarase entre os días 28 de febreiro e 3 de marzo, e contará novamente coa presenza do sector turístico galego. A Axencia Turismo de Galicia disporá dun expositor propio nesta cita, que presume de ser a maior plataforma de contactos en Portugal relacionados co sector turístico.

 

Para fomentar a participación das empresas galegas durante as tres primeiras xornadas da BTL, dedicadas a público profesional, a Axencia Turismo de Galicia cedeu ao Clúster Turismo de Galicia 50 invitacións para asistir á feira, co obxectivo de poñelas á disposición das empresas turísticas galegas que desexen participar.

 

Os interesados en facer uso destes convites teñen ata as 14:00 horas deste venres, 23 de febreiro, de prazo para solicitalas. Deben enviar un correo electrónico a secretariatecnica@clusterturismogalicia.com manifestando o seu interese en acudir, incluíndo os seus datos de contacto: nome, cargo, empresa, teléfono e correo electrónico. As invitacións están limitadas a un máximo de unha por entidade (con posibilidade de ampliarse mediante listaxe de espera).

 

A pasada edición da BTL contou coa asistencia de 63.000 visitantes, un 38% máis que o ano anterior. O evento contou coa presentación de 75 destinos internacionais, o maior número da historia da feira, e máis de 1.400 expositores.