Unha edición máis, o Clúster Turismo de Galicia convoca un concurso de ideas co obxectivo de seleccionar os 5 mellores proxectos e polos en marcha desde o CTG por un importe máximo de 130.000 euros en total. Cada proxecto deberá ser presentado por máis dunha entidade asociada ao CTG, sen prexuízo de que o desexable sería que se agrupasen todas aquelas coincidentes pola finalidade do proxecto. As “Entidades Promotoras” deberán estar ao corrente do pago das cotas de asociados do CTG do ano anterior, antes da data límite para presentación de candidaturas e deberán propor polo menos un proxecto candidato que se centre nalgunha das actividades que se atopan na seguinte táboa. En todo caso, poderán propor até un máximo de 3 proxectos candidatos (un da categoría A, outro da categoría B e un terceiro a elixir as categorías C, D e E) e que, en todo caso, deben estar priorizados. Seleccionarase un máximo de 1 proxecto proposto polas Entidades Promotoras atendendo esta orde de priorización.
O xoves, 6 de febreiro está prevista a organización dunha xornada explicativa das bases da convocatoria do Concurso de Ideas orientada a todos os asociados, que se celebrará na aula 2 da Biblioteca de Galicia, na Cidade da Cultura.Se desexa asistir remita os seus datos de contacto a st@ctg.gal antes das 14h do mércores, 5.
Os proxectos deberán presentarse vía correo electrónico a st@ctg.gal antes do próximo 28 de febreiro
Descarga o formulario para cumprimentar