34 municipios galegos destacan no Atlas de contribución municipal do turismo en España publicado por Exceltur

34 municipios galegos destacan no Atlas de contribución municipal do turismo en España publicado por Exceltur

  • O documento achega información sobre a relevancia que xera o turismo nos 500 municipios españois con maior número de prazas de aloxamento en 2022.
  • Sanxenxo, Santiago de Compostela e Vigo conforman o top 3 no territorio galego.

 

A alianza para a excelencia turística, Exceltur, vén de publicar o seu primeiro Atlas de contribución municipal do turismo en España. Este documento achega información a nivel local sobre a relevancia e contribución social que xera o turismo nos municipios españoles, como primeiro elo de información relevante sobre os condicionantes económicos, sociais e ambientais.

 

O documento estuda os 500 municipios españois con maior número de prazas de aloxamento turístico en canto a número de prazas de hoteis, apartamentos por chaves, cámping, casas rurais e vivendas de uso turísticos. O Atlas presenta os datos referidos, a dimensión da oferta de aloxamento, a relevancia do turismo na dinámica social e económica de cada municipio, e o volume de empregos relacionados directamente co sector turístico.

 

A continuación, podes consultar o atlas de contribución municipal de Galicia no ano 2022, cos 34 municipios con máis prazas turísticas da comunidade, o seu modelo de aloxamento, e a especialización e contribución turística de cada destino. Sanxenxo, Santiago de Compostela e Vigo conforman o top 3 deste ránking:

 

Modelo de aloxamento do destino Especialización e contribución turística
Destino Prazas de aloxamento turístico de mercado % hoteis % apartamentos por chaves, cámping e turismo rural % VUT en plataformas % Presencia do turismo no destino Empregos turísticos
Sanxenxo 24.758 38,3% 33,4% 28,3% 61,0% 2.275
Santiago de Compostela 13.150 62,0% 16,2% 21,8% 19,8% 4.119
Vigo 10.434 47,4% 15,0% 37,6% 7,1% 3.449
O Grove 9.580 35,2% 38,1% 26,7% 38,2% 791
A Coruña 8.896 61,1% 4,0% 34,9% 8,8% 3.778
Cangas 4.032 12,3% 41,2% 46,5% 13,7% 337
Baiona 3.956 19,8% 51,3% 28,9% 34,0% 511
Poio 3.518 34,3% 15,0% 50,7% 16,9% 734
Lugo 3.356 56,8% 14,2% 29,0% 13,2% 1.820
Viveiro 3.349 27,9% 30,5% 41,5% 19,5% 370
Ribeira 3.312 10,7% 48,5% 40,8% 17,4% 466
Nigrán 3.123 16,8% 51,9% 31,3% 24,3% 369
Vilanova de Arousa 3.040 27,6% 42,4% 30,0% 19,8% 199
Pontevedra 2.952 45,3% 1,0% 53,7% 4,8% 711
Porto do Son 2.948 5,0% 58,9% 36,2% 29,6% 149
Ribadeo 2.849 36,1% 27,9% 36,0% 20,6% 347
Foz 2.811 15,3% 31,2% 53,5% 32,1% 295
Barreiros 2.716 11,9% 46,6% 41,6% 60,7% 187
Oleiros 2.508 35,5% 34,8% 29,7% 12,0% 660
A Guarda 2.508 21,4% 51,4% 27,3% 16,3% 158
Vilagarcía de Arousa 2.500 20,6% 18,2% 61,3% 7,4% 372
Ourense 2.491 54,0% 2,6% 43,4% 14,2% 1.656
Muros 2.336 19,4% 42,2% 38,4% 23,1% 118
Muxía 2.248 18,3% 44,0% 37,7% 28,9% 130
Ferrol 2.153 50,6% 14,9% 34,5% 8,0% 621
Cambados 2.127 43,2% 9,3% 47,5% 9,4% 218
Oia 1.847 20,5% 64,8% 14,7% 32,7% 129
Carballo 1.769 20,4% 47,7% 31,9% 8,3% 296
Valdoviño 1.748 5,5% 58,4% 36,1% 33,3% 157
Cee 1.724 20,6% 51,3% 28,1% 19,8% 168
Sarria 1.648 41,7% 28,2% 30,1% 18,5% 350
Arzúa 1.637 33,9% 28,7% 37,4% 21,4% 202
A Pobra do Caramiñal 1.542 8,4% 67,1% 24,5% 13,9% 93
Bergondo 1.381 17,7% 66,4% 15,9% 23,8% 297

Fonte: Exceltur.