‘10+10 ejemplos empresariales #PorElClima’, a iniciativa que recoñece o compromiso e ambición climática das empresas

‘10+10 ejemplos empresariales #PorElClima’, a iniciativa que recoñece o compromiso e ambición climática das empresas

  • O obxectivo desta convocatoria é visibilizar as accións empresariais en materia de acción climática.
  • A presentación de candidaturas permanecerá aberta ata o vindeiro 29 de setembro.

 

Empresas #PorElClima é unha iniciativa de Comunidad #PorElClima, que impulsa a implementación do Acordo de París e da Axenda 2030 para o Desenvolvemento Sostible no tecido empresarial español, fomentando a ambición do sector privado para frear a emerxencia climática e avanzar xuntos cara a descarbonización.

 

Baixo esta premisa organizan a convocatoria ‘10+10 ejemplos empresariales #PorElClima’, para dar visibilidade e recoñecemento a todas aquelas empresas que xa actúan e inclúen nos seus plans, iniciativas concretas para facer fronte á emerxencia climática e impulsar as accións de descarbonización.

 

Esta iniciativa recoñece o compromiso e ambición climática de 10 grandes empresas e 10 pemes que se esforzan no seu día a día por desenvolver accións innovadoras que lles leven a ser un exemplo no desenvolvemento de estratexias de descarbonización. O propósito é que as actuacións busquen ir máis alá dos obxectivos de redución de emisións previstos para 2030, deben estar especialmente focalizadas na medición do impacto, na redución calculada de emisións, no reporte público e na mobilización social.

 

Pódense presentar accións en marcha con resultados medibles (ao longo de 2022 ou ata o 31 de marzo de 2023) ou iniciativas de nova creación (proxectos de innovación ou en marcha sen resultados medibles pero con obxectivos medidos).

 

A recepción de candidaturas permanecerá aberta ata o 29 de setembro, e pode formalizarse a través da web da iniciativa. A selección realizarase mediante un comité de expertos a partir do 16 de outubro, e os resultados finais publicaranse na páxina web da iniciativa a partir do 1 de novembro.

 

Se tes dúbidas, o vindeiro martes, 19 de setembro, ás 10:00 horas, organízase unha sesión en liña para resolver dúbidas sobre o proceso ou aclarar calquera cuestión.