[:es]Especial coronavirus[:gl]Especial coronavirus[:en]Coronavirus Special[:]

Goberno galego e empresarios de lecer nocturno traballarán nun protocolo de reactivación

Hostalaría Compostela e a Asociación de Bares, Pubs e Discotecas de Santiago se manifestas en desacordo coa Xunta e estudarán medidas legais contra a normativa que lles impide abrir

O vicepresidente da Xunta en funcións, Alfonso Rueda, e o conselleiro de Economía, Emprego e Industria en funcións, Francisco Conde, acordaron co sector do lecer nocturno galego traballar conxuntamente nun protocolo de reactivación para cando a situación sanitaria permita a reapertura deste tipo de locais e que incluirá as condicións e as fases nas que se producirá esa reapertura.

Xunta e a maior parte do os empresarios coincidiron en que os locais deben abrirse cando sexa sanitariamente seguro, unha posición que non comparten a totalidade deste colectivo, tal e como manifestaron os respresentantes da Asociación Hostalaría de Compostela e a Asociación de Bares, Pubs e Discotecas de Santiago que manifestaron que non están dispostos a asumir os compromisos aos que os representantes do sector en Galicia chegaron coa Xunta.

Entre estes compromisos destaca, ademais, o da Administración autonómica para estudar a viabilidade da apertura das terrazas destes locais antes da reapertura do seu espazo interior, cumprindo en todo caso as mesmas condicións e horario de peche que teñen as de bares e restaurantes, do mesmo xeito que ocorreu durante o proceso de desescalada. A Xunta tamén estudará xunto aos representantes do sector as vías de financiamento dispoñibles.

Accións legais
Pola súa banda a Asociación Hostalaría Compostela e a de Bares, Pubs e Discotecas de Santiago anunciaron que, ademais de oporse á norma que considera que ?non atende a criterios sanitarios e criminaliza as licenzas e non as actividades?, están a tentar chegar a un acordo co Goberno local compostelán para que os locais do lecer nocturno da cidade poidan traballar con licenza de bar e abrir así os seus negocios nos horarios permitidos a estes.

Ambas as asociacións están ademais avaliando posibles accións legais contra esta normativa que discrimina á hostalaría nocturna e que ?suporá a perda de centos de empregos e o peche definitivo de decenas de establecementos na nosa cidade?, apuntan, ademais de promover festas privadas ou botellóns non controlados.

É por iso que dese Hostalaría Compostela e Bares, Pubs e Discotecas de Santiago reclaman un equilibrio entre a seguridade sanitaria e a viabilidade económica do sector e fan un chamamento á responsabilidade individual e á realización de probas PCR de maneira indiscriminada como máximo garante da contención do virus.

24 de Agosto de 2020

A Xunta estudará se as terrazas dos locais de lecer nocturno poderían abrir antes da reapertura dos espazos no interior

Goberno galego e empresarios de lecer nocturno traballarán nun protocolo de reactivación Hostalaría Compostela e a Asociación de Bares, Pubs e Discotecas de Santiago se manifestas […]
21 de Agosto de 2020

Sanidade elimina a Cataluña da listaxe de comunidades cuxos viaxeiros deben rexistrarse ao chegar a Galicia.

A Consellería de Sanidade eliminou á comunidade de Cataluña da listaxe de rexións españolas cuxos viaxeiros deben rexistrarse de forma obrigatoria ao chegar a territorio galego, […]
18 de Agosto de 2020

Exceltur revisa a súa previsión de caída e avanza que o ano terminará con perdas de case 99 mil millóns para o sector turístico español

A actualización do informe cifra as perdas en Galicia en -3.586 millóns de euros, o que equivale a un -52,7% menos de ingresos derivados por turismo […]
17 de Agosto de 2020

Máis de 10.000 persoas solicitaron xa o bono turístico, cubrindo máis do 50% das prazas ofertadas

Máis de 320 establecementos de aloxamento e axencias de viaxe adheríronse a este programa, que se prolongará até o 13 de decembro Algo máis de 10.300 […]