Profesionais do sector turístico asistiron en Foz a un seminario sobre a sustentabilidade e a eficiencia na xestión dos seus negocios enmarcada no programa de formación gratuíta do Clúster Turismo de Galicia.
Jorge Vallina Crespo, un experto no medio ambiente, turismo, responsabilidade social e sostenibilidad, encargouse de impartir este seminario, no que compartiu cos asistentes algunhas das
súas experiencias na posta en marcha de ecoetiquetas e marcas de calidade turística para diferentes organismos e institucións de España e América Latina. A próxima semana continúan os talleres e seminarios formativos, tamén en Lugo, que continuarán impartíndose de forma paralela ao curso superior de Dirección e Xestión de Empresas Turísticas que se desenvolve en Santiago de Compostela.
Todo o programa consta de 150 horas formativas, repartidas en diferentes seminarios, talleres e cursos que se están impartindo en localidades do catro provincias e que finalizarán na última semana de novembro. O obxectivo do Clúster Turismo de Galicia é promover unha maior profesionalización do sector e mellorar a súa competitividade.
Os profesionais interesados poden consultar o contido deste programa e do resto das actividades incluídas no calendario formativo a través da web http://www.iffe.es/formacion-cluster-turismo-galicia/