O concello da Coruña, o Consorcio de Turismo da Coruña e a asociación de mariñas privadas do norte de España North Mariñas asinaron un convenio para a posta en marcha dunha ruta xacobea de navegación a vela. O proxecto, baixo o nome “Navega o Camiño”, suporá a creación deste novo produto turístico co que desde o municipio queren pór a Coruña como polo de atracción do turismo náutico.

O convenio de colaboración entre Turismo da Coruña e North Mariñas, asociación que agrupa os portos náuticos de Galicia, País Vasco, Cantabria e Asturias, permitirá que todos os navegantes que así o desexen poidan selar unha credencial para obter a Compostela a partir das 100 millas náuticas, a condición de que completen o percorrido con 10 quilómetros a pé até chegar a Santiago. Segundo indicou o responsable municipal Alberto Lema, “cremos que se trata dun proxecto moi beneficioso para a cidade a nivel de promoción turística, xa que axuntamos dous polos importantes de atracción, como son o Camiño Inglés a Santiago de Compostela e as rutas náuticas”.

O convenio inclúe a promoción da cidade como  destino nos salóns náuticos de Southampton, París, Dusserldorf e La Rochelle, así como noutros soportes promocionais do proxecto. A previsión do proxecto ‘Navega o Camiño’ é ampliar a rede de portos colaboradores máis aló da costa española e que en diante se somen localidades costeiras de Francia e Reino Unido, fortalecendo un produto turístico dirixido a potenciais peregrinos e afeccionados á náutica, que beneficiará a chegada de turistas internacionais á Coruña.

25 de Xullo de 2016

A Coruña aposta polo turismo náutico coa creación dunha ruta xacobea de navegación a vela

O concello da Coruña, o Consorcio de Turismo da Coruña e a asociación de mariñas privadas do norte de España North Mariñas asinaron un convenio para […]
04 de Xullo de 2016

A finais de xullo comeza a segunda fase de mellora da sinalización do Camiño Francés por importe de máis de 500.000 euros

Con este novo investimento, esta ruta do Camiño de Santiago recibiría máis de 800.000 euros para a sinalización e mellora do Camiño Francés A Catedral de […]
02 de Maio de 2016

Recoñecemento oficial para o Camiño de Inverno e o Camiño Portugués pola Costa como rutas do Camiño de Santiago

A Lei do Patrimonio Cultural de Galicia, recentemente aprobada polo Parlamento de Galicia, recoñece oficialmente o Camiño de Inverno e o Camiño Portugués pola Costa como […]
29 de Febreiro de 2016

Rolda de contactos para a posta en marcha do proxecto do Monte do Gozo

O xerente do Xacobeo, Rafael Sánchez, mantivo contactos con diferentes entidades a fin de explorar sinerxías e colaboracións con colectivos sociais para a posta en marcha […]