subvenciones

Os beneficiarios poderán acceder até a 150.000 euros para crear ou consolidar produtos turísticos, profundar na formación do sector, mellorar a implantación das tecnoloxías, avanzar na súa internacionalización ou aumentar a súa promoción

Xa está aberta a nova convocatoria de subvencións para impulsar a actividade turística nos geodestinos galegos. Dotada con máis de 1 millón de euros, o obxectivo da nova axuda impulsada pola Xunta de Galicia é que todo o territorio galego poida beneficiarse deste impulso da actividade turística, como antesala do Xacobeo 2021. Con esta convocatoria modifícase tamén a relación de subvencións cos geodestinos que até agora obtiñan fondos a través da firma de convenios coa Xunta.

A nova orde de axudas está dirixida a mancomunidades, consorcios locais con competencias en materia de turismo, agrupacións de concellos, Grupos de Desenvolvemento Rural (GdR) ou asociacións legalmente constituídas que contratasen persoal técnico en turismo dedicado ao seguimento e coordinación das actuacións obxecto desta orde.

Os beneficiarios poderán conseguir axudas máximas nas diferentes categorías de entre 30.000 e 150.000 euros para a dinamización turística dos seus territorios a través de actuacións que profunden na planificación, creación e consolidación de produtos turísticos no geodestino; a comercialización, promoción e difusión do produto turístico, formación dirixida ao sector turístico ou novas tecnoloxías aplicadas ao turismo. As accións deberán desenvolverse entre o 1 de xaneiro e o 30 de novembro de 2020.

Impulso ao rural galego
A convocatoria realizarase en réxime de concorrencia competitiva. A Xunta poderá sufragar entre o 50% e o 90% do investimento subvencionable en base a uns criterios establecidos nas bases nos que, entre outros aspectos, valorarase que os produtos que presenten incidan na desestacionalización, que leven a cabo unha oferta accesible, destinada a familias ou público senior ou que profunden na innovación.

O obxectivo final destas axudas non é outro que o de continuar profundando na diversificación da oferta e que a actividade turística sexa dinamizadora das economías locais, contribúa a pór en valor os recursos naturais, culturais e etnográficos e situar como un instrumento eficaz de reequilibrio territorial, especialmente no rural galego.

26 de Decembro de 2019

A Xunta abre unha nova orde de subvencións de máis de 1 millón de euros para impulsar o turismo nos geodestinos galegos

Os beneficiarios poderán acceder até a 150.000 euros para crear ou consolidar produtos turísticos, profundar na formación do sector, mellorar a implantación das tecnoloxías, avanzar na […]
02 de Decembro de 2019

A Xunta de Galicia abre dúas novas liñas de axudas para modernizar establecementos de aloxamento e de restauración e para mellora de infraestruturas turísticas

As convocatorias, dotadas con 1,5 e 1,2 millóns de euros respectivamente, teñen aberta a súas convocatorias até fin de ano A Xunta de Galicia lanzou dúas […]
26 de Novembro de 2019

A Xunta subvenciona con 1,2 millóns de euros melloras en preto de 70 establecementos de aloxamento turístico

Un total de 66 establecementos turísticos galegos beneficiaranse das subvencións da Xunta de Galicia para actuacións de mellora das infraestruturas en establecementos turísticos de aloxamento, incluídas […]