internacionalización

Coa posta en marcha dunha Aceleradora de Internacionalización o Consorcio da Zona Franca de Vigo quere iniciar un programa de apoio ás pemes galegas para os seus procesos apertura de mercados no exterior. O programa, denominado Vía Exterior pretende conseguir nuns meses que un grupo reducido de empresas (20) consiga ter un mellor posicionamento no exterior e unha mellora considerable no campo da Internacionalización, un obxectivo que se pretende conseguir mediante formación especializada e asesoramento a través de redes de mentoring e coaching así como dun seguimento intensivo ao plan e internacionalización de cada empresa.

Aquelas empresas que poidan estar interesadas en participar desta iniciativa teñen de prazo ata o próximo 19 de xullo para inscribirse e participar no proceso de selección, que se realizará a través de concorrencia competitiva. Para máis información ou para realizar a inscrición pódese visitar a web da Aceleradora: www.viaexterior.com ou enviar un correo a viaexterior@zonafrancavigo.com

Link ao vídeo descritivo das fases e funcionamento da aceleradora

13 de Xullo de 2017

Acelaración da internacionalización das pemes galegas a través de VíaExterior

Coa posta en marcha dunha Aceleradora de Internacionalización o Consorcio da Zona Franca de Vigo quere iniciar un programa de apoio ás pemes galegas para os […]
18 de Maio de 2017

Galicia e o estado mexicano de Guanajuato acordan colaborar no ámbito turístico

A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, e o secretario de Turismo do estado mexicano de Guanajuato, Fernando Olivera, asinaron un memorándum de entendemento para […]
13 de Marzo de 2017

Máis dun cento de axentes de viaxes participaron nas presentacións da oferta turística galega en Nova Zelandia e Australia

Turismo de Galicia convocou aos operadores turísticos máis importantes destes dous países en Auckland, Melbourne e Sidney Co obxectivo de manter e profundar o contacto coas […]
19 de Setembro de 2016

Shikoku e Galicia estreitan relacións

Unha delegación de empresarios e representantes destas illas xaponesas desprazáronse á nosa comunidade para estreitar lazos económicos e traballar na consolidación da ruta de peregrinación Unha […]