O Clúster Turismo de Galicia, co apoio da Xunta-Axencia Turismo de Galicia, continúa a avanzar na implantación de SIMADA, o Sistema de Monitorización de Datos de Aloxamento que aspira a converterse nunha ferramenta clave para a toma de decisións no sector. A plataforma, de uso gratuíto, ofrece información actualizada sobre ocupación, prezos e comportamento da demanda, permitindo aos establecementos axustar as súas estratexias con base en datos reais do mercado.
Un número crecente de establecementos aloxativos están a incorporar SIMADA á súa xestión diaria, aproveitando o potencial desta plataforma que transforma os datos que proceden dos seus propios PMS en intelixencia turística precisa, útil e accesible.
Para o Clúster, esta ferramenta representa un paso decisivo na modernización do sector, pois ofrece informes de:
Toda a información consúltase en modo anonimizado, garantindo a máxima confidencialidade e cumprindo estritamente coa normativa de protección de datos.
A conexión ao sistema é rápida, sinxela e non require coñecementos técnicos avanzados. Con só ceder os datos de maneira automatizada, o establecemento pasa a formar parte dun sistema que lle devolve información valiosa para mellorar a súa rendibilidade.
Desde o Clúster invítase novamente aos establecementos de aloxamento de Galicia a sumarse a SIMADA, recordando que é gratuíta, achega vantaxes competitivas, facilita a planificación estratéxica, e axuda a detectar oportunidades en tempo real.
As empresas interesadas en solicitar a súa adhesión poden cumprimentar o seguinte formulario habilitado.