Remátase o prazo para solicitar as axudas para o embelecemento do litoral

Remátase o prazo para solicitar as axudas para o embelecemento do litoral

  • A data máxima para solicitar estas axudas remata o 12 de decembro de 2025.

 

A Axencia de Turismo de Galicia anunciou unha nova convocatoria de subvencións destinadas á mellora paisaxística e á integración ambiental dos establecementos turísticos situados en concellos costeiros. O obxectivo destas axudas é apoiar accións que contribúan a preservar a imaxe do litoral galego, mitigar os impactos paisaxísticos e promover un turismo máis sostible.

 

  • A convocatoria ofrece tres liñas de financiamento diferentes.

 

As subvencións están dirixidas tanto a aloxamentos turísticos (hoteis, cámpings, casas e apartamentos turísticos, albergues e residencias turísticas) como a empresas de servizos de restauración (restaurantes, bares e cafeterías). A convocatoria inclúe tres áreas principais de actuación a mellora da eficiencia enerxética, a dixitalización dos recursos turísticos e a renovación de fachadas e cubertas.

 

Os gastos subvencionables van desde a mellora das instalacións de iluminación para reducir o consumo eléctrico ata a creación de ferramentas dixitais ou códigos QR que proporcionen información aos visitantes. Tamén se apoiará o revestimento e pintado de fachadas, a renovación de fiestras e portas e a mellora de cubertas e paramentos exteriores, todo co obxectivo de reducir o impacto visual e integrar mellor os negocios no seu contorno.

 

O investimento máximo subvencionable varía segundo o proxecto: ata 25.000 € para eficiencia enerxética, 15.000 € para dixitalización e 250.000 € para melloras de fachadas, sendo a subvención a que cubre ata o 80 % do custo total do proxecto.

 

As solicitudes deberán presentarse electrónicamente a través do portal en liña da Xunta de Galicia, utilizando o código de procedemento TU503F, e poderán presentarse ata o 12 de decembro de 2025.