Proturga elevará ante a administración as peticións do sector turístico de Galicia fronte ao coronavirus

Proturga elevará ante a administración as peticións do sector turístico de Galicia fronte ao coronavirus

Conscientes da magnitude do impacto do COVID-19 no sector turístico galego, a Asociación de Profesionais do Turismo de Galicia, Protuga, emprende diferentes medidas en defensa do sector e para transladar ás administracións as necesidades específicas destes profesionais. A asociación apela, ademais, á unión do sector para ser máis fortes ante a crise do coronavirus

A través duns cuestionarios, a entidade recompilará a opinión de todos os axentes, aglutinando tanto a empresas de todos os subsectores como a profesionais en activo, persoas en situación de ERTE e desempregados. O obxectivo desta actuación é coñecer as inquietudes particulares, primeiras consecuencias e necesidades de cada peza do sector para obter unhas conclusións globais co obxecto de transmitirllas á Administración.

Ademais desta actuación de analizar as necesidades do sector, tamén está a executar unha campaña de sensibilización e promoción do turismo interno para o momento en que se restaure a mobilidade. Os hastags #EuCambioDeData #EuApoioOTurismoGalego e #EuViaxoPorGalicia son os slogans que acompañan dita campaña, para promover que, unha vez que pase esta etapa de confinamento a xente viaxe por Galicia e tamén para que aqueles que tiñan reservas para esta época, aprácenas para outros momentos en lugar de cancelalas.