Galicia fortalece lazos co mercado estadounidense a través dun workshop e fam trip con 10 operadores turísticos

Galicia fortalece lazos co mercado estadounidense a través dun workshop e fam trip con 10 operadores turísticos

  • 12 axencias de receptivo galegas participaron no workshop celebrado en Pazo de Rubianes.

 

No marco da colaboración entre Turespaña e Turismo de Galicia, e tralo éxito da participación na convención MAST Sales Sensation de Chicago en 2023 e 2024, do 6 ao 11 de abril celébrase un workshop e fam trip en Galicia coa presenza de 10 operadores turísticos estadounidenses.

 

O obxectivo desta iniciativa é consolidar e ampliar as oportunidades do turismo internacional cara a Galicia, especialmente desde Estados Unidos, a través dunha experiencia inmersa que amosa a riqueza cultural, natural e gastronómica do destino galego. Para iso, deseñouse un programa que combina sesións de networking con visitas experienciais por diferentes puntos emblemáticos da comunidade.

 

No workshop, celebrado o 8 de abril en Pazo de Rubianes, participaron 12 axencias de receptivo galegas:

 

  1. Galiwonders
  2. Viajes Viloria – Galicia Incoming Services
  3. Viajes Camino de Santiago
  4. Rutas Meigas
  5. Viajes InterRías
  6. Tee Travel
  7. The Way Tours
  8. Pilgrim Travel
  9. We Galicia
  10. Eat & Walkabout
  11. ArtNatura Galicia
  12. Troulanda

 

Estas empresas tiveron a oportunidade de establecer contactos comerciais directos cos operadores estadounidenses das empresas Red Carpet Travel, Huntley Travel, House of Travel, Garrity Travel, Worldwide Traveler, Expert Journeys Travel, Elmgrove Travel, Starship Travel e Gadabout Travel, presentando a súa oferta especializada en experiencias auténticas, culturais, de natureza ou vinculadas ao Camiño de Santiago.

 

Ademais do workshop, o fam trip leva aos operadores por lugares emblemáticos como Santiago de Compostela, Ría de Arousa, Pontevedra, Combarro, Cambados, Baiona, Tui ou a impresionante Ribeira Sacra, combinando visitas a pazos históricos, fortalezas, conxuntos patrimoniais e paradores nacionais, así como experiencias gastronómicas en restaurantes de referencia.

 

Este tipo de accións permiten posicionar Galicia como destino de calidade en mercados estratéxicos e afianzar relacións comerciais duradeiras con operadores turísticos internacionais. Ademais, reforzan o papel das axencias galegas de receptivo, claves no desenvolvemento do turismo sostible, personalizado e con valor engadido que busca o viaxeiro actual.