A marca turística “Galicia Destino Sostible” reforza o seu compromiso co turismo responsable coa incorporación recente de catro novas empresas gallegas: Amar Carril, Vio Viajes, Experiencias del Destino e Hotel El Puente.
Ademais, tamén se aprobou a incorporación de oito novas experiencias centradas na sostibilidade e o respecto polo medio ambiente, que se suman ao catálogo xa existente do club. Con estas novas incorporacións, o club de produto continúa a consolidar a súa posición como plataforma líder para o turismo sostible en Galicia, tanto polo número de empresas membro (actualmente máis de 155) como pola variedade e calidade das máis de 190 experiencias turísticas que ofrece, todas elas vinculadas ao respecto pola natureza, a identidade local e o benestar da comunidade.
As empresas interesadas en unirse a “Destino Galicia Sostible” poden iniciar o proceso de adhesión a través da páxina web oficial, cumprindo un dos requisitos de elixibilidade ou todos os requisitos obrigatorios e un terzo dos requisitos avaliables. Unha vez aceptadas, poden xestionar as súas experiencias no portal e beneficiarse das vantaxes do club de forma totalmente gratuíta.
Desde a súa creación en 2022, impulsado polo Clúster de Turismo de Galicia e financiado pola Xunta a través da Axencia de Turismo de Galicia, o club promove unha rede de empresas que apostan pola sostibilidade como valor diferenciador, mostrando unha oferta turística responsable, diversa e en continuo crecemento.