O Clúster Turismo de Galicia reforza o seu compromiso coa sostibilidade e a adaptación ao cambio climático con colaborando na celebración de accións formativas e de difusión dirixidas a empresas turísticas. O webinar “Turismo + Resiliente: Presentación da plataforma de autodiagnósticos” celebrarase o vindeiro luns 26 de maio ás 10:30 h, en formato en liña e de acceso gratuíto.
Organizada por eco-union en colaboración co Clúster Turismo de Galicia, esta sesión ten como obxectivo dar a coñecer unha nova ferramenta gratuíta de autodiagnóstico de vulnerabilidade empresarial ao cambio climático. Deseñada para empresas turísticas, a ferramenta permite identificar os riscos climáticos específicos que afectan a cada negocio e obter recomendacións prácticas para planificar medidas de adaptación efectivas.
Durante o webinar, que terá unha duración de 30 a 45 minutos, explicarase o funcionamento desta plataforma, a súa utilidade como apoio na toma de decisións estratéxicas e como pode facilitar a resiliencia operativa fronte a eventos climáticos extremos ou cambios progresivos na contorna.
A sesión está aberta a todas as empresas do sector interesadas en mellorar a súa capacidade de resposta #ante os desafíos ambientais presentes e futuros. A inscrición débese tramitar a través do seguinte formulario.