Turismo Sostenible

  • Ata o 29 de decembro, anuncios en televisión e cuñas de radio lembrarán aos galegos e galegas que este Club de Produto ofrece máis de 150 experiencias que deixan pegada na alma e non na terra.

 

O Clúster Turismo de Galicia pon en marcha hoxe, 1 de outubro de 2025, unha campaña publicitaria para achegar a poboación galega o Club de Produto “Galicia Destino Sostible”, unha plataforma que aglutina experiencias turísticas auténticas, baseadas na sustentabilidade e no respecto pola contorna.

 

Esta iniciativa, impulsado polo Clúster e co financiamento da Xunta de Galicia a través da Axencia Turismo de Galicia, comezou a súa andaina hai tres anos e, actualmente, conta con máis de 140 empresas adheridas que ofrecen máis de 150 experiencias.

 

A campaña, que se desenvolverá en Televisión de Galicia e en diferentes emisoras de radio da nosa Comunidade e de Asturias, busca aumentar o coñecemento da plataforma Galicia Destino Sostible como o lugar de referencia, no que se está a aglutinar a oferta de experiencias sostibles da Comunidade.

 

O abano de posibilidades é amplo e están accesibles na páxina web galiciadestinosostible.com, onde se poden atopar desde roteiros en bicicleta, en barco ou a pé, ata paquetes que combinan gastronomía, aloxamento, enocultura, deporte e aventura, escapadas singulares ou o astroturismo.

 

Esta campaña complementa á que se vén desenvolvendo durante os meses de abril e maio en redes sociais, cunha landing web, unha peza audiovisual e máis dunha ducia de sorteos. As accións desta campaña, que tamén retomará a súa actividade entre outubro e novembro deste ano, permitiron sumar máis de 900 novos seguidores no Instagram do Club de Produto e acadaron máis de 7.500.000 impresións no marco da estratexia paid media.

 

Con esta campaña o Clúster Turismo de Galicia busca, tamén, poñer en valor o esforzo das empresas adheridas ao Club na súa aposta pola sustentabilidade e no seu compromiso coas comunidades locais nas que desenvolven a súa actividade.

 

Cómpre lembrar que para sumarse á iniciativa, as empresas teñen que cumprir a lo menos un requisito habilitante (certificación de sostibilidade; Fair´n Green; Estrela Verde da Guía MICHELIN; pertenza ao proxecto Turismo Slow Norte de Galicia, ou ao Club de produto Ecoturismo de España ou una certificación ambiental: ISO 14000, EMAS, etc.) ou ben o 100% dos obrigatorios e un 33% dos valorables.

 

A adhesión pode solicitarse a través da web galiciadestinosostible.com. Unha vez que o comité de avaliación acepte a adhesión, a empresa xestionará as súas ofertas desde o portal e gozará das vantaxes de pertencer ao club de produto de xeito gratuíto.

 

01 de Outubro de 2025

O Clúster de Turismo pon en marcha unha campaña para difundir a iniciativa ‘Galicia Destino Sostible’ entre a poboación galega

Ata o 29 de decembro, anuncios en televisión e cuñas de radio lembrarán aos galegos e galegas que este Club de Produto ofrece máis de 150 […]
26 de Agosto de 2025

A hotelaría española avanza na xestión hídrica, pero persisten retos clave

Estudo 2025 do Instituto Tecnolóxico Hoteleiro (ITH) identifica avances na medición e sensibilización, pero sinala unha baixa implantación de tecnoloxías de reutilización e verificación da pegada […]
21 de Xullo de 2025

Galicia consolida un turismo máis sostible e desestacionalizado, segundo Turismo de Galicia

Xosé Merelles destacou no Parlamento o crecemento equilibrado de viaxeiros na comunidade   O turismo en Galicia avanza cara a un modelo máis sostible, equilibrado e […]
14 de Xullo de 2025

O club de produto ‘Galicia Destino Sostible’ continúa a medrar con tres novas incorporacións e quince novas experiencias sostibles

O comité de avaliación aprobou o pasado venres, 11 de xullo, a incorporación de Casa Acuña, Hotel Spa Atlántico San Vicente do Mar e Hotel San Luis. 15 novas […]