Aberta a convocatoria de axudas para a contratación de persoal nas oficinas de turismo de xeodestinos e municipios turísticos.

Aberta a convocatoria de axudas para a contratación de persoal nas oficinas de turismo de xeodestinos e municipios turísticos.

A Axencia de Turismo de Galicia publicou unha liña de axudas, dotada cun total de 300.000 euros, para a contratación de persoal nas oficinas de turismo dos concellos declarados municipios turísticos e dos xeodestinos galegos, que deberán estar representados por agrupacións de concellos ou por mancomunidades e consorcios locais de Galicia que teñan atribuídas competencias en materia de turismo.
O persoal contratado ao amparo destas subvencións realizarán as súas tarefas durante os meses de xuño, xullo, agosto e setembro. Estas axudas tramitaranse en réxime de concorrencia non competitiva, por rigorosa orde de entrada no rexistro electrónico da Xunta de Galicia. O prazo de presentación está aberto ata o 22 de febreiro nas condicións que se especifican no DOG. O ano pasado, a través desta convocatoria de axudas, colaborouse con preto de medio centenar de entidades locais.