O Diario Oficial de Galicia publicou a semana pasada a ampliación do prazo para que os establecementos turísticos situados en municipios do litoral poidan acollerse á convocatoria de axudas destinada á mellora estética e funcional de inmobles situados en primeira liña de costa. Esta liña, dotada con 5 millóns de euros, forma parte do Plan do Litoral e ten como obxectivo reforzar a calidade paisaxística e competitiva do turismo costeiro galego.
Coa nova resolución, hoteis, cámpings, casas de turismo rural, apartamentos, albergues e negocios de restauración dispoñerán ata as 20:00 horas do 12 de decembro para presentar as súas solicitudes a través da sede electrónica da Xunta.
Turismo de Galicia organizou este luns, 17 de novembro, unha xornada técnica explicativa para explicar tódolos detalles da convocatoria ao sector. O director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, inaugurou a xornada animando aos propietarios de establecementos de aloxamento e restauración a solicitar unhas axudas que buscan concienciar a necesidade de conservación e que promoven a sostibilidade dos destinos potenciando o territorio litoral. Á cita asistiron máis de 30 titulares de establecementos, ademais do vicepresidente do Clúster, Jesús Picallo Santos.
A convocatoria contempla tres tipos de proxectos subvencionables:
Estas axudas pretenden impulsar a modernización do litoral galego e favorecer unha imaxe máis cohesionada e atractiva do destino, reforzando o posicionamento de Galicia como referencia en sostibilidade, coidado da paisaxe e calidade turística.