Segundo publica o portal especializado en turismo rural, TopRural a partir da análise de 261.357 opinións publicadas no buscador ‘en liña’ de aloxamentos rurais, Navarra, Asturias e Galicia son as comunidades autónomas mellor valoradas para gozar do turismo rural. Estas valoracións baséanse nunha puntuación sobre 5, de modo que Navarra obtivo un 4,372; Asturias, un 4,711 e Galicia, un 4,699. A lista das 10 comunidades con mellor valoración complétana Cataluña, Aragón, Castela e León, País Vasco, Canarias, Comunidade Valenciana e A Rioxa.
Ademais do número de opinións analizadas tamén se analizou a valoración dos clientes respecto de certas características dos aloxamentos. Entre elas figura a calidade do soño, aspecto no que destacan A Coruña, Burgos e Biscaia; así como a limpeza, con Burgos, A Coruña e Navarra como provincias mellor valoradas neste aspecto, do mesmo xeito que en trato do propietario e relación calidade/prezo.