Visit Rio Minho Plus impulsa a formación e a creación de experiencias turísticas sostibles na fronteira do Miño

Visit Rio Minho Plus impulsa a formación e a creación de experiencias turísticas sostibles na fronteira do Miño

  • Este programa está dirixido a empresas e profesionais do sector turístico na zona do río Miño, tanto na vertente galaica como na portuguesa

 

O programa Visit Rio Minho Plus ten como obxectivo mellorar a competitividade do sector turístico na rexión transfronteiriza do río Miño a través da aprendizaxe combinada (presencial e en liña) que suman un total de 105 horas en módulos especializados e acceso a unha plataforma en liña con recursos de aprendizaxe, visitas técnicas, plans de mellora personalizados, sesións de mentoría individuais, apoio na creación de novas experiencias turísticas e moito máis.

 

  • Módulo 1. Deseño de experiencias turísticas innovadoras.
  • Módulo 2. Turismo rexenerativo e sostible.
  • Módulo 3. Márketing e vendas dixitais para o sector turístico.
  • Módulo 4. Internacionalización de produtos turísticos locais.
  • Módulo 5. Turismo cultural e creativo como motor para o desenvolvemento local.
  • Módulo 6. Uso de ferramentas dixitais para a xestión do turismo.

 

Está dirixido tanto a empresas como a profesionais do sector turístico: operadores turísticos, pequenas empresas, produtores locais e outras partes interesadas que buscan deseñar, comercializar ou mellorar experiencias turísticas. Entre os profesionais que participan na acción formativa atópanse o director, Víctor Sixto, e os formadores Alexandra Touza, Alaín Hervás e Tarina Lenk.

 

Consulta todos os detalles e inscricións na web do programa de formación, a través da seguinte ligazón.

 

Programa cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) a través do programa Interreg VI-A España-Portugal (POCTEP) 2021-2027 e promovido pola Axencia de Turismo de Galicia.