UNE e Segittur presentan unha nova norma para Empresas Turísticas Intelixentes

UNE e Segittur presentan unha nova norma para Empresas Turísticas Intelixentes

  • En total xa existen 11 Normas UNE para impulsar a dixitalización dos destinos.

 

Durante a celebración da feira internacional de turismo, Fitur 2024, a Secretaría de Estado de Turismo e Segittur presentaron a nova Norma UNE 178510:2023 para Empresas Turísticas Intelixentes. Trátase dun regulamento que especifica os requisitos, as recomendacións e indicadores aplicables á xestión, innovación, uso de tecnoloxías, accesibilidade e sostibilidade dunha empresa turística para a súa transformación en Empresa Turística Intelixente (ETI).

 

Esta norma será aplicable a todo tipo de empresas turísticas e servizos públicos vinculados co turismo, independentemente do subsector no que se centre a súa actividade, do seu tamaño, localización e natureza. Terá que ser implementada en todos os procesos da empresa embarcando toda a súa actividade, e tendo en conta os eixes que a compoñen: xestión, innovación, tecnoloxía, accesibilidade e sostibilidade.

 

O Subcomité Técnico de Normalización CTN-UNE 178/SC5 Destinos Turísticos Intelixentes, presidido por Segittur, foi o encargado de elaborar dita norma, nun proceso que contou coa participación do ICTE, asociacións turísticas, destinos, empresas e representantes de Comunidades Autónomas. Esta nova norma destaca o valor do uso de datos na toma de decisións, para impulsar a eficiencia, a competitividade e a innovación na industria turística.

 

Un turismo intelixente

 

O pasado 2023 tamén se publicaron outras dúas normas vinculadas ao turismo intelixente. Por unha banda, a Norma UNE 178509 Modelo de recollida, explotación e análise de datos turísticos, que establece a base para definir novos procesos de identificación, captura, almacenamento, procesamento, compartición e interoperabilidade de datos de turismo.

 

Por outra banda, a Norma UNE 178511 Guía para a aplicación do modelo de capas da Plataforma Intelixente de Destino, serve de referencia aos destinos turísticos para dirixir a adquisición de servizos TIC cara a unha plataforma dixital interoperable, aberta e compatible.

 

En total xa existen 11 Normas UNE que conforman un marco de traballo homoxéneo, impulsando a dixitalización dos destinos.