Turismo de Galicia organiza un webinar sobre as axudas para a hostalería e a restauración

ACTIVIDADES

Turismo de Galicia organiza un webinar sobre as axudas para a hostalería e a restauración

Celebrarase este xoves, 14 de outubro, entre as 16,30 e as 18.30 horas.

 

O contido, os requisitos, os prazos e o resto da información necesaria para optar ás convocatorias de axudas para a hostalería e a restauración abertas pola Xunta serán abordados no webinar que terá lugar mañá, xoves 14 de outubro, de 16.30 a 18.30 horas. Trátase dunha iniciativa da Axencia Turismo de Galicia que busca dar visibilidade a estas subvencións da Xunta. A participación está aberta a todos os profesionais e empresas do sector da hostalería e a restauración.

 

A sesión centrarase tanto nas axudas para a promoción da dixitalización e o márketing dixital como nas destinadas aos investimentos postcovid de modernización e mellora da competitividade. Cada unha destas dúas liñas está dotada con 6 millóns de euros. No primeiro caso, os beneficiarios poderán recibir o 100 % do gasto ata un máximo de 15.000 euros e o prazo para solicitar as axudas estará aberto ata o 25 de outubro. No segundo caso, o investimento máximo subvencionado será de ata o 90 % cun límite de 50.000 euros por beneficiario e o prazo de solicitudes estará aberto ata o 8 de novembro.

 

Os interesados en participar no webinar poden inscribirse a través da seguinte ligazón: https://xunta.webex.com/xunta/j.php?RGID=r65b2ca7a735512945e1ee5f3f0898969