Turismo de Galicia convoca nove bolsas de formación práctica para os anos 2018 e 2019

Turismo de Galicia convoca nove bolsas de formación práctica para os anos 2018 e 2019

Co obxectivo de fomentar o perfeccionamento profesional dos futuros profesionais turísticos mediante a realización de prácticas formativas en diversas áreas dependentes da Axencia Turismo de Galicia, a Xunta de Galicia volve convocar as súas bolsas de formación para os anos 2018 e 2018. En total trátase de nove bolsas, oito de formación práctica especializada nas oficinas de información turísticas dependendientes de Turismo de Galicia, e unha de formación práctica especializada na área de estudos e investigación cunha duración máxima 5 meses contados a partir da data de incorporación da persoa bolseira no caso do oito primeiras e dunha duración máxima de 12 meses no caso da de investigación.

O oito (8) bolsas de formación práctica especializada para a promoción e información turística desenvolveranse a través de prácticas tuteladas nas oficinas de información turística dependentes de Axénciaa Turismo de Galicia distribuídas da seguinte forma: 2 bolsas na oficina de turismo de Santiago de Compostela (praza de Mazarelos), 1 bolsa na oficina de turismo de Santiago de Compostela (Centro Internacional de Acollida ao Peregrino), 1 na oficina de turismo da Coruña, 1 na oficina de turismo de Pontevedra, 1 na oficina de turismo de Vigo, 1 na oficina de turismo de Lugo e unha na oficina de turismo de Ourense.

No caso da bolsa de formación práctica especializada na área de estudos e investigación, as tarefas do bolseiro desenvolveranse nas oficinas de Axénciaa Turismo de Galicia da Barcia (estrada Santiago-Noia, km 3, 15897 Santiago de Compostela) e consistirán na realización de labores de investigación, tratamento e análise de datos en materia turística.

Para poder ser beneficiaria/o das bolsas deberá presentarse unha solicitude axustada ao modelo normalizado que se inclúe como anexo IV da resolución, que irá acompañada da dos documentos que se especifican no artigo 7.2 das bases reguladoras, que poden consultarse e descargarse nesta ligazón. Para máis información ou resolución de dúbidas, poden consultar a web oficial de Axénciaa Turismo de Galicia: http://www.turismo.gal/canle-institucional/actualidade/taboleiro-de-anuncios, no teléfono 981 54 74 06 ou a dirección electrónica proxectos.turismo@xunta.gal. Para dúbidas relacionadas con dificultades técnicas relacionadas coa presentación de formularios por vía electrónica, poderán facer as súas consultas no teléfono de información 012 ou no correo electrónico 012@xunta.es.