Turismo de Galicia convoca a segunda edición dos Premios Camiño de Santiago

Turismo de Galicia convoca a segunda edición dos Premios Camiño de Santiago

Co obxectivo de promover a excelencia na atención ao peregrino e a adecuada xestión dos recursos ligados ao Camiño de Santiago, Turismo de Galicia convoca unha nova edición dos seus Premios Camiño de Santiago. Cunha dotación de 75.000 euros este oito distincións recoñecen as iniciativas públicas e privadas que se desenvolvan en Galicia destinadas a conservar, mellorar e embelecer a contorna das Rutas Xacobeas; a crear novos servizos dirixidos ao peregrino ou a mellorar as xa existentes así como a divulgar e promover a excelencia do Camiño de Santiago.

A convocatoria xa está publicada no DOGA e o prazo de presentación de candidaturas é dun mes contado a partir do día seguinte á data de publicación no Diario Oficial.

Concédense oito premios en catro categorías, a primeira, segunda e terceira cun premio de 15.000 eurosy un segundo premio de 5.000 euros. Para a terceira categoría, o premio é de 10.000 euros (modalidade investigación) e de 5.000 euros para a cuarta, dirixida aos traballos vinculados á Ruta Xacobea nos centros educativos de primaria e secundaria.