Tui, entre as candidatas ás 7 Marabillas Rurais de España 2019

HomeAway lanza a oitava edición do seu concurso para atopar as Marabillas Rurais de España a partir de 20 candidaturas entre as que se atopa Tui, en Pontevedra. O obxectivo da iniciativa é “seguir impulsando o turismo rural, non só entre os viaxeiros españois senón tamén entre os viaxeiros de todo o mundo baixo o firme compromiso de apoiar e dar visibilidade aos pobos españois que normalmente contan con recursos de promoción limitados”, explicou Juan Carlos Fernández, director rexional do Sur de Europa de HomeAway.

O centro e o sur volven ser as rexións con maior número de candidaturas, especialmente Andalucía e Castela e León, seguida de Castela-A Mancha e Estremadura. Galicia participa coa localidade pontevedresa de Tui. Para participar soamente hai que acceder a través da páxina web habilitada para o concurso desde o 25 de setembro de 2019 até o próximo 17 de outubro de 2019, logo descubriranse o Sete Marabillas Rurais de España.