senderismo

A primeira vía verde da provincia da Coruña, que conectará os municipios de Santiago e Cerceda cun sendeiro de 36,5 quilómetros sobre as antigas vías do ferrocarril será realidade grazas ós 1,86 millóns de euros de fondos FEDER que ven de recibir a Deputación da Coruña, destinados a proxectos que fomenten a mobilidade sostible e a economía baixa en carbono.

Así o comunicou o presidente da Deputación, Valentín González Formoso, durante a reunión que mantivo cos alcaldes dos cinco concellos implicados no proxecto. Pola súa parte a Deputación achegará 535.129,26 euros “para facer realidade un proxecto ambicioso e tecnicamente complexo: a construción da primeira vía verde da provincia e a de maior lonxitude de Galicia.” A vía acadará os 36,5 quilómetros, dos que 13 corresponden a Santiago de Compostela, 7,19 a Oroso, 8,3 a Ordes, 2,48 a Tordoia e 5,5 a Cerceda. Valentín González Formoso destacou a “importante repercusión turística e socioeconómica que terá para os cinco concellos a construción da Vía Verde”.

Esta vía poderá ser aproveitada polos peregrinos da ruta xacobea Santiago- Coruña-Fisterra, atravesando espazos de gran interese medioambiental, histórico e cultural.

O Programa Vías Verdes, coordinado pola Fundación de los Ferrocarriles Españoles promove a conversión de infraestructuras ferroviarias en desuso en itinerarios cicloturistas e sendeiristas. En España, existen máis de 120 itinerarios e 2.700 kilómetros que xa foron convertidos. Na nosa comunidades só existe unha entre Asturias e Galicia, o trazado dun antigo mineiro entre os bosques xunto ó Río Eo.

Novos sendeiros turísticos para A Coruña

Ademáis,  Deputación da Coruña e  Concello de Mazaricos estudan o proxecto que completará a rede de sendas e entrelazaraas coas xa existentes no municipio, unha nova proposta que incluirá un trazado que unirá Pino de Val coa Insua e contempla as sendas das  fervenzas e Monte Pindo-Ponche de  Brandomil.

O obxectivo desta iniciativa é tamén enlazar o Camiño de Santiago e a Vía Mariana coas distintas sendas que percorren os  concellos implicados.

29 de Xullo de 2019

A Coruña acada financiación para a súa primeira Vía verde e proxecta nova rede de sendeiros en Mazaricos

A primeira vía verde da provincia da Coruña, que conectará os municipios de Santiago e Cerceda cun sendeiro de 36,5 quilómetros sobre as antigas vías do […]
01 de Maio de 2019

A Xunta impulsará a Senda dos Faros para descubrir a paisaxe e o patrimonio do litoral galego

A través dun convenio fimado entre Turismo de Galicia, o Instituto de Estudos do Territorio, a Axencia Galega de Desenvolvemento Rural e a Fundación Galicia Sustentable […]
04 de Xullo de 2018

A paisaxe galega xa está máis accesible a través da Rede de Itinerarios de Interese Paisaxístico da Xunta de Galicia

A Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio impulsa a Rede de Itinerarios de Interese Paisaxístico, que comprende case 4.500 quilómetros de percorridos organizados en […]