sector turístico

A carga regulatoria, a incerteza política e a competencia en liña sitúanse como as principais preocupacións que quitan o soño aos empresarios do sector turístico en España, segundo o informe elaborado pola consultora KPMG “Perspectivas España 2016”, no que se recolle a valoración dos empresarios respectos á situación actual e a súa previsión sobre os próximos 12 meses. O informe analiza, ademais, as perspectivas económicas das empresas, as súas inquietudes e prioridades estratéxicas tanto por comunidades autónomas como por sectores de actividade económica.

No conxunto do informe, os empresarios móstranse moderadamente optimistas mentres que no que se refire ao sector turístico, os empresarios enquisados valoran como boa a situación do sector (58%) e un 42% considera que mellorará, cun maior incremento da internacionalización do sector. En canto ás prioridades estratéxicas para o 2017, os empresarios do sector turístico español citan a creación de novos produtos/servizos, a internacionalización, a aposta pola innovación e novas tecnoloxías e os axustes de estrutura da empresa como as súas principais prioridades.

Esta duodécima edición do informe reflicte as respostas de 1.308 presidentes, directores xerais, propietarios e conselleiros (28%); directivos (58%); e mandos intermedios (13%) de empresas españolas pertencentes a máis de 20 sectores (Automoción, Distribución e Consumo, Enerxía e Recursos Naturais, Industria, Infraestruturas, Sector Financeiro, Lecer e Turismo, Química e Farmacia, Sanidade, Sector Público, Seguros, Tecnoloxía, Telecomunicacións e Medios, Transporte e Outros Servizos) recollidas entre novembro de 2015 e xaneiro de 2016 a través dunha enquisa online e entrevistas telefónicas.

Descarga o informe 

10 de Maio de 2016

nternacionalización, novas tecnoloxías e creación de novos produtos, retos estratéxicos do sector turístico español para 2017

A carga regulatoria, a incerteza política e a competencia en liña sitúanse como as principais preocupacións que quitan o soño aos empresarios do sector turístico en […]
11 de Agosto de 2015

El World Economic Forum analiza las fortalezas y debilidades del sector turístico español y sitúa a España como destino turístico más competitivo

Es la primera vez que España lidera este índice, que comenzó a elaborarse en 2007 y se actualiza cada dos años Según el ranking elaborado por […]
27 de Xullo de 2015

La rentabilidad del sector turístico gallego mejora en el primer semestre del año

Las cifras de llegada de turistas a la comunidad gallega sigue anotando cifras récord durante estos primeros meses del año 2015 pero una de los índices […]