No marco da celebración das Xornadas Internacionais de estudo e actualidade “Misericordia e Peregrinación” que se celebraron en Compostela co obxectivo de seguir profundando na idea de Santiago como capital das peregrinacións, a directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, avanzou que o seu departamento está a organizar unha programación especial con motivo da celebración do Ano Extraordinario Xubilar da Misericordia que “propiciará un valor engadido á oferta da nosa comunidade”, asegurou.

Nava Castro explicou que o programa inclúe todo tipo de acontecementos culturais, artísticos e sociais, numerosas actuacións de investigación, así como iniciativas relacionadas co desenvolvemento turístico e a acollida ao peregrino.

Así, Galicia acollerá durante este período de celebración numerosas exposicións, entre as que destacou a exposición “Galicia, Casa dos Peregrinos” que se celebrará nos meses de maio e xuño no colexio Fonseca; a mostra itinerante “Acollida e Hospitalidade no Camiño de Santiago”, que percorrerá diversas cidades galegas e inglesas; ou a exposición “Via Lacobitana” que poderá verse en diversos destinos nacionais, entre outras.

Ademais, a programación acollerá diversos congresos e conferencias así como programas culturais e concertos como o ciclo de conferencias “Novas formas de solidariedade” que se desenvolverá desde maio até novembro e que contará coa participación de importantes personalidades como Vicente do Bosque ou Paula Farias, presidente de Médicos Sen Fronteiras, entre outros. Ou como o curso de verán da Universidade de Santiago de Compostela no verán “IX Leccións Xacobeas Internacionais: a hospitalidade no Camiño de Santiago”, sen esquecer programacións especiais como “Música no Camiño” ou o ciclo “Cultura no Camiño”, actuacións todas elas que producirán un impacto económico positivo tanto en de Santiago de Compostela, en particular, como en Galicia, en xeral.

27 de Abril de 2016

O Ano Santo da Misericordia contará cunha programación especial

No marco da celebración das Xornadas Internacionais de estudo e actualidade “Misericordia e Peregrinación” que se celebraron en Compostela co obxectivo de seguir profundando na idea […]
21 de Xaneiro de 2016

La Vuelta Ciclista, a gastronomía, o turismo astronómico ou a realidade aumentada, protagonistas da primeira xornada de Galicia en Fitur

A primeira xornada da 36 edición da Feira Internacional de Turismo de Madrid, Fitur 2016 acolleu no espacio de Galicia do pavillón 9 un total de […]
05 de Agosto de 2015

Compostela acogerá en octubre FairWay, el I Foro del Camino de Santiago

Con el objetivo de crear un punto de encuentro entre empresas especializadas de la Ruta Xacobea, asociaciones vinculadas, instituciones y peregrinos, Compostela acogerá del 15 al […]
01 de Abril de 2015

Gonzalo Pérez, de Frank (Ferrol), acada o premio como mellor cociñeiro do certame De Tapas x Galicia

Álvaro Villasante, de Paprica (Lugo), gañou o premio do público; e Lucía Freitas e Nacho Tierno, de A Tafona Casa de Xantar (Santiago) o da marca […]