A cuarta edición do programa de Turismo de Galicia, “Galicia a Todo Tren”, acadou xa o milleiro de usuarios no conxunto do nove itinerarios que conforman esta iniciativa turística promovido en colaboración con Renfe e o Inorde.
O pasaxeiro que alcanzou esa cifra simbólica foi un usuario do Tren Turístico que percorre a Ruta do Viño Ribeira Sacra, que recibiu un distintivo que acredita esta condición da man da directora de Turismo de Galicia, Nava Castro. Castro destacou que esta cifra demostra a boa acollida que ten o programa, que é un exemplo de creación de sinerxías entre diferentes entidades para un mellor aproveitamento turístico do territorio

Nava Castro explicou que os trens turísticos de Galicia están a consolidarse como un dos produtos turísticos máis demandados deste verán desde que no mes de xuño empezou a funcionar este servizo turístico con ocupacións en todos os trens que están entre o 90% e o 100%. Galicia.

Neste sentido, a directora de Turismo de Galicia sinalou que de seguir así, superaríanse os datos alcanzados pola campaña do pasado verán na que se obtivo unha ocupación do 87%, superando os 2.200 pasaxeiros, fronte aos 600 da primeira edición.

“Esperamos que, tanto esta Ruta da Ribeira Sacra como o resto das rutas temáticas que constitúen o programa, continúen con este éxito nos seus próximos percorridos que están dispoñibles os fins de semana de agosto e setembro”, concluíu Nava Castro.

09 de Agosto de 2016

“Galicia a todo tren” alcanza o milleiro de usuarios

A cuarta edición do programa de Turismo de Galicia, “Galicia a Todo Tren”, acadou xa o milleiro de usuarios no conxunto do nove itinerarios que conforman […]
05 de Xuño de 2016

Nove itinerarios en total e 84 prazas máis, novidades da nova edición de Galicia coma unha bala

Cun incremento de 84 prazas e a creación de dous novos itinerarios, o Termal e o Camiño do Santiago e o da Lamprea e o Viño […]
16 de Xullo de 2015

O Tren Al-Andalus regresa a Galicia

Por tercer ano consecutivo o Tren de luxo Al Andalus achégase en dous dos seus percorridos a Galicia. No primeiro deles remata este venres na Coruña […]
12 de Maio de 2015

Os trens turísticos de Galicia reciben o premio ao Mellor Produto de Turismo Nacional

Destacados na modalidade de cultura, a directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, foi a encargada de recoller o galardón na XX edición dos Premios de […]