puertos deportivos

Portos de Galicia e Consellería do Mar fixeron balance anual do turismo náutico en Galicia, que aumentou máis do dobre nos portos deportivos galegos ao longo do últimos oito anos

Segundo datos da Consellería do Mar, os portos galegos pasaron de recibir unha media de 4 mil embarcacións ao ano a máis de 10 mil entre 2010-2018, unha cifra que se alcanza por vez primeira na historia das mariñas galegas que non alcanzaran antes esta cifra de tránsitos ao ano. En total, os portos deportivos galegos recibiron 10.150 barcos, un 5% máis que en 2017.

A estes bos resultados súmanselle os rexistrados no que vai de ano xa que no primeiro semestre do 2019 as mariñas galegos recibiron un 10 % máis de embarcacións en relación ao mesmo período do exercicio anterior, un crecemento notable que, segundo a consellería de Mar, apóiase no amplo abanico de posibilidades económicas que ofrecen estes portos a consecuencia da diversificación operada nas súas actividades marítimas.

Por territorios, os portos das Rías Baixas, entre Muros e Tui, consolídanse á cabeza dos portos galegos, ao recibir un total 7.400 embarcacións en tránsito durante o seis primeiros meses do 2018, segundo os datos facilitados polo presidente de Portos de Galicia, José Juan Durán, un 18 % que en 2017, sendo o porto de Muros o máis visitado, con 1.277 barcos durante o ano pasado. Séguelle o de Combarro, con 937, mentres que Sanxenxo foi o municipio que rexistrou o maior número de estancias, 1.134 en total entre as súas mariñas de Portonovo e do Real Club Náutico de Sanxenxo. O balance da provincia de Pontevedra tamén foi positivo, ao experimentar un aumento considerable que superou o 50 %, até alcanzar en total os 4.538 barcos e a ría de Pontevedra rexistrou 2.500 embarcacións, un 13 % máis en relación ao 2017.

Se falamos de volume de negocio, Portos de Galicia cifra o negocio da náutica de recreo e deportiva en algo máis de 2,5 millóns de euros no conxunto das vilas portuarias galegas, dos que máis de 1,7 millóns corresponden á provincia de Pontevedra.

Promoción internacional

Ademais de facer balance de tránsitos Portos de Galicia tamén valorou positivamentes as accións promocionais a nivel nacional e internacional levadas a cabo durante o ano pasado, especialmente nos principais eventos relacionados coa venda do lecer náutico: Salón Náutico Internacional Grand Pavois, da Rochelle; Salón Náutico de París; Southampton Boat Show e Dusseldorf Boot Show (Alemaña). Sen esquecer outras accións de comunicación levadas a cabo tanto en Irlanda como na veciña Portugal.

Con todo, estas entidades son conscientes de que Galicia debe seguir traballando para gañar un maior número de tránsitos, especialmente como alternativa ante a saturación do Mediterráneo nos meses de primavera e, moi especialmente, no verán-, grazas á súa posición estratéxica, a súa costa e os servizos ofrecidos polas mariñas galegas.

10 de Xullo de 2019

As mariñas galegas superaron por vez primeira o 10 mil tránsitos anuais, cun incremento interanual do 5%

Portos de Galicia e Consellería do Mar fixeron balance anual do turismo náutico en Galicia, que aumentou máis do dobre nos portos deportivos galegos ao longo […]